Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:HombreDHojalata
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Período de votación: 07.06.2011 - 21.06.2011
SI: 10 — NON: 0 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
Propoño ó Usuario:HombreDHojalata para administrador, xa que cumpre cos requirimentos, ten sobrado dominio da técnica da wiki, coñecemento completo das normas e políticas e ten, ademais, boa man nas conversas. Sería de grande axuda para a labor de mantemento da wikipedia, na eliminación de vandalismos, no mantemento da portada e mesmo no control das imaxes. Por todo isto considero adecuado promovelo á administración. --Alberte Si, dígame? 15:29, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- A favor
- Concordo --Alberte Si, dígame? 15:29, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Concordo completamente. --Xas (conversa) 15:32, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Concordo. Boa axuda será! --Toliño Fala aquí comigo 16:11, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Concordo, e que o sexa por moito tempo. --Atobar (conversa comigo) 16:18, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Concordo. Como levo tempo algo apartado da wikipedia, ou regresando a ela ocasionalmente, non quería votar a favor sen facer unha pequena exploración do que leva feito HombreDHojalata, porque non quería fiarme só das lembranzas. Aínda que non sempre coincido cos seus criterios (afortunadamente), atopei que é unha persoa que explica ben os seus puntos de vista, que ten un gran coñecemento dos obxectivos do proxecto e que se manexa con soltura en todos os campos da actividade wikipédica. É verdade que ás veces me pareceu un pouco brusco nalgunhas das súas contestacións a usuarios novatos, e pediríalle que tivese en conta isto no futuro (en particular se, como desexo, se converte en Administrador, e o tempo que lle leve a wikipedia fará que, involuntariamente, tome decisións máis rápidas, máis efectivas e menos suaves). Un saúdo, e bo traballo! --Xabier Cid Talk 2 me, please 17:09, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 22:21, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Concordo Non podo estar máis a favor --Servando2 (Dime) 22:32, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Concordo; Alberte e Xabier explicáronse ben, e concordo tanto coas virtudes mencionadas polos dous, como cos consellos dados por Xabier respecto á brusquedade. Sorte, e agradecido por aceptares; --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:01, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Concordo co dito na proposta de Alberte, e co dito polos usuarios que xa votaron. Concordo en toda confianza que Hombrede Hojalata ten en conta que ser administrador serve para protexer a Galipedia coas regras de WIkimedia e da Galipedia e non para ter maìs dereitos nos debates sobre contidos. Entendese na proposta de Alberte pero douñe importancia en marcalo. Que sexa para moito tempo.--Elvira (conversa comigo) 23:19, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Concordo --Elisardojm (conversa) 00:00, 8 de xuño de 2011 (UTC)
- En contra
- Neutro
- Neutro Hombre DHojalata posúe un excelente dominio do funcionamento técnico e formal da wiki e é constante nas súas contribucións. Porén, adoece de brusquedade en moitos comentarios e ten derivado cara a actitudes viscerais diferenzas de criterio exclusivamente wikipédicas, reaccionando desproporcionadamente ou mesmo expresando abertamente a súa intención de "resentir" a súa colaboración en certas seccións da Galipedia como produto desas diferenzas. Ser visceral en ocasións non é un defecto en si mesmo, nin tan sequera para un usuario, sempre e cando observe as normas básicas de respecto e cortesía (normas que, por outra banda, HombreDHojalata si observa sen ningún xénero de dúbida), mais si é altamente desaconsellable para un administrador. Tendo en conta todo o exposto, voto neutro, convencido de que na súa xeira como administrador saberá adaptarse á nova condición e expresará os seus pareceres cun estilo anovado. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 08:47, 20 de xuño de 2011 (UTC)
- Comentarios
A política de elección de administrador@s expresa que "Os usuarios de Wikipedia que cumpran os requisitos seguintes poderán ser presentados por calquera outro usuario sempre e cando se obteña o consentimento previo do interesado"; Alberte, sería interesante que mencionases se lle propuxeches a HombreDHojalata a idea de ser administrador, dado que é necesario para poder elixilo. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:44, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Si, fíxeno polo correo electrónico, e púxose amablemente á nosa disposición, de aceptarmos en votación a proposta. --Alberte Si, dígame? 22:50, 7 de xuño de 2011 (UTC)
- Graciñas, Alberte; --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:01, 7 de xuño de 2011 (UTC)