Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Lansbricae
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Proposta para concederlle os privilexios de administrador a Lansbricae
Período de votación: 15.11.2007 - 29.11.2007
SI: 6 — NON: 8 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Propoño como candidato á administración a Lansbricae. Cumpre as condicións estabelecidas na normativa incluíndo o seu consentimento previo.--emilio juanatey(talk) 16:10, 15 novembro 2007 (UTC)
- a favor
- Concordo--emilio juanatey(talk) 16:10, 15 novembro 2007 (UTC)
- Concordo--Servando2 (Dime) 16:52, 15 novembro 2007 (UTC)
- Concordo Superconcordo, señoría. --Estevoaei pa o que queiras... 17:29, 15 novembro 2007
(UTC)
- Concordo polos seguintes motivos: Ten unha paciencia especial cos novatos, explícache ata mil veces se fai falla como subir unha fotografía e todo o que precisas saber sobre os requisitos das imaxes, a nivel técnico controla as categorías, as redireccións..., le os artigos do wiki (conviría que moitos máis o fixeran), elimina vandalismos, mediou sempre nos problemas doutros, ao mellor ten un sentido do humor mal entendido por algúns pero entón xa estamos a perder o PVN. Creo que estamos escasos de administradores e de administradores con paciencia cos novatos aínda máis. --Alma (fálame eiquí) 19:57, 15 novembro 2007 (UTC)
- Concordo --PortoFaládeme aquí 13:34, 19 novembro 2007 (UTC)
- Concordo --Xoán Carlos Fraga 12:11, 26 novembro 2007 (UTC) Fixo artigos moi bos.
- en contra
- Discordo Por empregar o vandalismo para ilustrar o seu punto de vista en diversas ocasións, por insultarme e non terse desculpado, por falar de malos xeitos a moita xente e por axudar a escachar un pouco a pacífica convivencia que aquí levabamos. AlberteSi, digame? 17:42, 15 novembro 2007 (UTC)
- Discordo Pedro --Lameiro (conversa) 19:50, 15 novembro 2007 (UTC)
- Discordo --Prevertgl 14:52, 17 novembro 2007 (UTC) Hai meses eu mesmo cheguei a pensar en Lansbricae como bo candidato a administrador, o historial de edicións das últimas semanas demostra que está moi lonxe de contar coas cualidades precisas para axudar na administración deste wiki. Hai certas accións que os colaboradores do wiki deben evitar e moito máis no caso dos administradores. A continuación poño algúns exemplos deses comportamentos:
- 1. Abrir votacións coas que está en desacordo para votar en contra e logo retiralas. Pechar votacións sen respectar o prazo e o procedemento:
- "Para que exista diversidade propoño que se estableza para a administración un sistema monárquico, cun administrador-Rei e unha cantidade a determinar de Administradores-Conselleiros." Fonte: [1]
- "retiro unha proposta na que todos discordaban..." Fonte: [2]
- "VOTACIÓN PECHADA A INSTANCIA DE QUEN A PROMOVEU. NINGUNHA NORMA MO IMPIDE" Fonte: [3]
- 2. Ameazar con vandalismos ou realizar vandalismos:
- 3. Manipular mensaxes doutros usuarios:
- "NOTA: ESTE CADRO FORMA PARTE DO WIKIPROXECTO:FEUDALISMO EN GALICIA COLABORA A SÚA MELLORA E CON ELO A MELLORA DESTE PROXECTO. ----" Fonte: [6]
- 4. Deixar mensaxes acalorados e/ou irónicos a outros colaboradores ou menosprezar aos compañeiros ("...Non me gusta xogar coas palabras con dobres sentidos e cada vez fagoo máis e xa quixera sair deste círuclo vicioso que colaborei a crear..." Fonte: [7]):
- "Eu tras desto vexo un compló xudeo masónico..." "...Unha mellor idea podería ser prohibir toda aquela proposta que non veña dalgún usuario que: xa tivera parido antes, leve máis de 1 ano entre nos, non teña sido apartado da Igrexa Católica, careza de antecedentes penais,..." Fonte: [8]
- "Eu escacharrome de risa coas túas ocorrencias..." Fonte: [9]
- "3 anos de inactividade, 20 edicións cada non sei canto, esto é unha tomadura de pelo, que as cousas sigan igual que estaban e listo pero andar mareando a perdiz para acabar co mesmo sistema para eso xa teño a vida real, cos caciques reconvertidos en alcaldes-construtores, as empresas dos amigos ...." Fonte: [10]
- "Discordo O becho está sen depilar e é ben noxento e non se lle ven os ollos." Fonte: [11]
- 5. Ser impaciente cos usuarios novos e incomodalos:
- 6. Usar os resumos de edición para facer bromas, ironías ou para deixar mensaxes a outros usuarios dun xeito que non cumpre cos mínimos requisitos de respecto e/ou procedemento que require o wiki:
- "sobrinuummmmm errress un vampiruummmm, mañá o traduzo :)" Fonte: [14]
- "Espero que esta vez non quites o marcador sen xustificar xa que sería un novo abuso e tomes as medidas oportunas que consideres. Grazas Alberte." Fonte: [15]
- "Traducido desde wiki es:Salvador Allende, Alberte respeta a licenza GFDL, que estas a incumplir de xeito continuado e das moi mal exemplo." Fonte: [16]
- 7. Pedir consensos e cando outros colaboradores discrepan acúsalos de trolear:
- 8. Wikipreitear (usar xerga legal en termos inapropiados cando se discute sobre as políticas da Wikipedia);
- "toda norma debe ser interpretada do xeito menos restritivo que o permita o seu contido, é un principio do dereito." Fonte: [18]
- 9. Mover páxinas atentando contra o Punto de Vista Neutral:
- "Wikipedia:Xogar co sistema movida a Wikipedia:Xogar co Réxime: rematando de axeitar o título á Galipedia" Fonte: [19]
- A todo iso hai que sumarlle o uso da páxina de usuario como se fose un blog (algo contrario ás normas wiki) no que un día fai unha declaración (exemplo: [22]) é a continuación a contraria (exemplo: [23]).
- Cústame crer que un colaborador que ten ese historial teña cualidades para ser administrador da Galipedia. Máxime cando o propio Lansbricae afirma:
- "No tema da administración, non creo moi ético pola miña parte aceptar ningunha proposta como Administrador por motísimo tempo (10 anos e 1 día) , os meus feitos deslexitímanme." (Fonte: [24])
- "Non quero seguir a utilizar o ton que estiven usando pero Administrador, cada ún da súa casa, no canto que non se poden esquecer nin as miñas edicións cuasivandálicas (son o meu propio xuiz de ahí a benevolencia)..." (Fonte: [25])
- "Pola miña parte xa reiterei en varias ocasións que non me gustaría nunca ser administrador..." (Fonte: [26])
- Citei unha relación de exemplos de mostra, con todo quedeime curto. Pregúntome como un usuario cunha visión tan particular do wiki pode exercer de administrador. Como vai actuar lexitimamente en defensa do wiki cando outro usuario repita algunha das accións que antes fixo el? Como vai poder xustificar as súas decisións sen que continuamente sexan cuestionadas? Se ten que aplicar unha sanción coma vai poder defendela? Como alguén que mudou tantas veces de opinión pode contribuír coas súas decisións ao bo funcionamento do proxecto? Todo o exposto é impropio dun colaborador que aspira a ser administrador e debe cumprir e facer cumprir as regras da Wikipedia, quen por riba de todo debe actuar dun xeito que respecte o espírito Wikipedia. Por todo iso véxome na obriga de emitir un voto en contra de dita proposta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:52, 17 novembro 2007 (UTC)
- Discordo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:35, 20 novembro 2007 (UTC)
- Discordo vai lle ser moi dificil --Dannycas 01:27, 26 novembro 2007 (UTC)
- Discordo Creo que nun futuro debería ser administrador, pero actualmente non sei se debería selo, sobre todo tralas rifas que houbo ata fai pouco--Hugo22 09:40, 26 novembro 2007 (UTC)
- Discordo creo que me precipitei no voto, despois de ler as cousas con calma rectifico (que seica é de sabios). --Beninho 13:19, 26 novembro 2007 (UTC)
- Discordo Miguel.lima 15:39, 29 novembro 2007 (UTC)
- neutro
- Neutro --FryantTralarí Tralará 19:54, 15 novembro 2007 (UTC)
- comentarios
- Neutro Lansbrica pareceme ter moitas cualidades pa ser un boo contribuyente e vexo que fai moito traballo. Iso é necesario pa ser administrador, pero non é o meu parecer suficiente. Un boo administrador ten que por demais das cualidades de contribuyente e das cualidades tecnicas, saber dizir non, dizir si, escoitar as rifas, usar moito o wikilove. Un administrador tamén ten o direito de engañarse. Non teño unha boa idea do que Lansbricae pode fazer si ten responsabilidades. Non dudo que eu cambie de opinion, pero faime falta mais tempo co mes de novembro. Non voto contra por que non pode coller o tempo de buscar as ligazons dos sitios donde dixo cousas que habia que decirlas de outro modo, cando se pensa ter razon e que se é responsable.ElviraConversa con mi 22:26, 15 novembro 2007 (UTC)
- Opinión (pois non podo votar): Lansbricae é un gran traballador na Galipedia, como leva demostrado. Ten unha ampla experiencia en todo o concernente á wikipedia.
Posee unha enerxía que é capaz de transmitir; ten unhas cualidades didácticas, como demostra cos novatos, e sabe mediar e contemporizar cando corresponde, ao mesmo tempo que actúa cando se necesita.
Pero a cualidade máis importante é a honradez e sinceridade, é capaz de actuar sin hipocresía, dicir as cousas claras,
e é capaz de facelo sen molestar, pois a honestidade coa que transmite as suas criticas permítelle que a xente o tome de bon xeito.
Poderá equivocarse, como todos os que actúan e se mollan, pero sabe recoñecer os seus erros, e iso é importantísimo de cara a transmitir unha cultura de
honestidade e traballo en liberdade, sen medo a ser fusilado se te equivocas.
En canto ás críticas, voume centrar na máis ampla, pois as demais orbitan ao seu redor:
A verdade é que é dificil imaxinarse que sentimentos lle rondan a alguén que é capaz de poñer unha crítica tan feroz e con tanta saña contra unha persoa.
En canto aos argumentos utilizados, que non vou entrar a rebater meticulosamente para non aburrir (sería fácil: a crítica exposta utiliza falacias)
, calquera que seguira os acontecementos dáse conta dos trucos usados:
- sacar as frases fóra de contexto, dicindo verdades a medias e agachando o que non interesa.
- supoñer a mala fe, como criticar o de "sobrinuum eres un vampirrumm": isto é unha frase da peli "Vampiros en la Habana", que foi a que editou unha noite cando puxo ese comentario ([27]). Ata iso se asume como mala fe!, por favor!!.
É chocante como unha persoa que ten eloxiado tanto a Lansbricae, chegando hai 2 meses a propoñelo como administrador (nos tempos dos nomeamentos a dedo) e que agora se opoña con esta crítica tan sañuda. En Agosto dicía "As tres persoas que propoño teñen moitas cualidades pero vou resaltar unha diferente en cada caso: Lansbricae é un colaborador do tipo negociador, como demostrou en numerosas ocasións faino moi ben mesmo neste caso, precisamos de persoas que sexan quen de orientar e explicar " sen embargo agora di o contrario ¿non será que a súa opinión sobre Lansbricae cambiou ao desaparecer a amistade con el??
- ¿vanse xulgar as actuacións en función de se es amigo/enemigo?
- ¿desexamos levar a Galipedia a isto, a que un grupo de "amigos" cheguen a monopolizar a dirección técnica disto e desmotiven a calquera que teña unha opinión distinta, esquecendo que detrás de cada usuario hai unha persoa?
Se a estas preguntas respondemos cun sí, entón votemos contra Lansbricae. Se queremos que prime a ética, que todos sexamos recoñecidos polo que facemos sen importar de quen somos amigos ou de quen non se cremos que na diversidade está o segredo para o exito, entón, deberíamos votar a favor. Saúdos a todos.---- Maañón00 (o que ho?) 21:55, 18 novembro 2007 (UTC)
- Discordo--Aricum 12:02, 22 novembro 2007 (UTC)