Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Solicitudes/Conxunta 1
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Conxunta 1
[editar a fonte]O historial desta solicitude pódese ver aquí.
Solicito a revogación de administradores dos seguintes administradores:
- Youssefsan, porque a última edición que fixo é de 3 de outubro de 2004 [1].
- Semion lugovic, porque a última edición que fixo é de 30 de xuño de 2004 [2].
- Rabalde porque leva sen facer edicións de administrador desde 2005 [3].
- IaRRoVaWo xa que leva sen facer edicións de administrador desde 2005 [4]
- Fuzheado xa que só fixo 2 contribucións na Galipedia [5].
- Alyssalover xa que leva máis de dous anos sen facer edicións de administrador [6].
Poño as ligazóns as contribucións dos mencionados para comprobacións de posibles erros, espero non terme trabucado.
Pidoo. Lansbricae (Ti dirás) 18:25, 6 novembro 2007 (UTC)
- Concordo Alma (fálame eiquí) 19:15, 6 novembro 2007 (UTC)
- Concordo --Xosé (✉) 19:32, 6 novembro 2007 (UTC)
- Concordo --Toliño Fala aquí comigo 19:42, 6 novembro 2007 (UTC)
- Concordo---- Maañón00 (o que ho?) 19:55, 6 novembro 2007 (UTC)
- Concordo. Fóra da dinámica estatística, non sei se ten moita utilidade revogar permisos de xente que non aparece por aquí dende 2004. Pero concordo, xa que logo. --Xabier Cid 20:10, 6 novembro 2007 (UTC)
- Concordo --EstevoaeiPa o que queiras... 21:53, 6 novembro 2007 (UTC)
- Concordo --FryantTralarí Tralará 22:57, 6 novembro 2007 (UTC)
- Comentario. Ningún dos administradores mencionados ten habilitada a posibilidade de envío de correo electrónico, polo que se fai imposible dita comunicación, incumplindo un dos requisitos para ser presentado como administrador pero paradoxicamente non para manter tal estatuto (eu por analoxía e lóxica entendo que segue a ser obrigatorio ter un correo habilitado unha vez elexido administrador, pero redúcese á miña opinión).Lansbricae (Ti dirás) 08:29, 7 novembro 2007 (UTC)
- Comentario. Se on lembro mal, moitos dos administradores foron os primeiros e axudaron a crear a galipedia, é dicir, xente doutros paises (e idiomas) que serían admins en wikimedia e crearon a wikipedia.gl. Pola miña parte fun administrador cando apenas había 1 ou 2 administradores activos polo que puiden entrar case sen votación. Durante un tempo estiven colaborando aqui e tamén facendo funcións de admin, pero agora xa non lle podo adicar tempo polo que estou dacordo en eliminar a todos estos administradores (incluido eu) que xa non fan de tal. Por suposto agardo nun futuro volver a colabrar coa wikipedia e se así o considero volverei a pedir ser admin (que terá que ser votado, por suposto) ;-).
- Concordo --Calrosfking (FÁLAME) 13:10, 7 novembro 2007 (UTC)
- Comentario. Dende a miña visión, o cargo de administrador debe exercelo quen estea disposto a traballar nel. Aínda que penso que tamén é xusto agradecer o traballo dos primeiros administradores que axudaron a poñer os cimentos do que hoxe e esta wiki.--Calrosfking (FÁLAME) 13:10, 7 novembro 2007 (UTC)
- Concordo --Hugo22 14:50, 7 novembro 2007 (UTC)
- Concordo --PortoFaládeme aquí 18:33, 13 novembro 2007 (UTC)
- Concordo--Servando2 (Dime) 16:52, 15 novembro 2007 (UTC)
- Discordo --Prevertgl 11:44, 19 novembro 2007 (UTC) Aínda que estou de acordo en que nalgún momento era preciso revisar o status dalgúns administradores, en particular os que teñen moi poucas edicións e os estranxeiros, considero que o procedemento é inadecuado. Abrir unha votación para a revogación de permisos apenas uns minutos despois da creación da páxina da política aprobada na que se basea e sen aviso previo parécese moito a un proceso de expulsión, iso non creo que concorde coa traxectoria da Galipedia (Datos: páxina da política de administradores creada 17:58, 6 novembro 2007 (UTC), páxina da votación de revogación creada 18:25, 6 novembro 2007 (UTC), primeiros avisos aos usuarios implicados realizados por outro colaborador arredor das 20:12, 6 novembro 2007 (UTC))
- O procedemento debería ser o contrario avisar e logo propoñer, polo menos debíase esperar a comezar o ano, apenas faltan unhas semanas e nese período teríase tempo para avisar aos usuarios implicados (seguindo os pasos que foran precisos).
- O wiki non é exclusivamente resultado dos últimos usuarios que editan, este proxecto sempre se caracterizou por actuar cun mínimo de respecto a todos aqueles que contribuíron a que sexa o que é agora. Penso que deberíamos darlles a oportunidade de que pidan eles mesmos a retirada de permisos ou que volvan a contribuír se o desexan (naqueles casos que sexa aplicable) sen verse sometidos a unha votación que dalgún xeito devalúa a súa contribución. Na miña opinión non podemos prescindir das persoas como se fosen obxectos substituíbles. Tiven a fortuna de colaborar con algúns dos candidatos á revogación e quero manifestar o meu recoñecemento pola súa contribución. En especial refírome aos galegos Rabalde (nos comezos deste wiki trás Agremon foi quen traduciu centos de mensaxes do sistema), IaRRoVaWo el mesmo ao ser avisado di que renuncia voluntariamente (exemplo claro de que o procemento non é axeitado), Alyssalover un usuario que fixo numerosas e moi valiosas contribucións, as súas imaxes dos concellos de Galicia están en todas as Wikipedias, creador da actual portada (incluído deseño, estrutura e materiais relacionados), creador dos modelos tipo gráfico dos artigos das eleccións municipais en Galicia, quen traballou nas categorías cando case non había ningunha e que comezou outros moitos materiais agora vixentes. En resumo penso que o procedemento debe recomenzarse seguindo o camiño contrario ao realizado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:44, 19 novembro 2007 (UTC)
:* Comentario. Concordo en parto do que di Prevert. Eu sempre fun partidario de que se fixese unha actualización dos administradores previa ou conxuntamente coa aprobación definitiva do sistema de votacións e eleccións, pero finalmente non se decidiu eso. Con respecto ao xeito de facer as cousas seguín o establecido na política aprobada que exise previamente unha solicitude de alomenos tres usuarios antes de facer a proposta en firme. De non haber esa petición de 3 usuarios xa non habería votación polo que a notificación por lóxica debe ser posterior a petición de 3 usuarios. A política establece que unha vez se cumpra ese requisito previo se comunique aos implicados e o día seguinte se inicie a votación polo que non deixa moita marxe de uso. Creo logo que o desacordo está relacionado máis co procedemento que co uso. A velocidade coa que o solicitei xa quedou explicada, persoalmente creo que non é moi beneficioso que consten 15 administradores cando moitos deles non son activos. Non considero que se trate dunha expulsión nadie os bota da Galipedia nin lles impide volver a presentarse a administradores. O administrador non é un cargo honorífico nin símbolo algún de recoñecemento do traballo dun usuario. Para o meu entender ese recoñecemento maniféstase cada vez que un de nos segue a traballar no xa feito por outros antes, tentar mellorar o existente, pero non consiste en converter unha función, a de administrador, que é meramente técnica nun premio ou recoñecemento xa que creo que daría unha imaxe distorsionada do que é a Galipedia. No canto ao procedemento creo que debe discutirse na súa páxina propia de discusión. O aprobado levou moito "consensualo", (eu mesmo non votei e non me gusta a política de elección de administradores pero foi o que a maioría aprobou) e creo que foi un acordo de mínimos, de punto de partida, pero é susceptible de cambio. Lansbricae (Ti dirás) 12:38, 19 novembro 2007 (UTC)Retiro comentario para non molestar ao procedemento de votacións. Lansbricae (Ti dirás) 13:33, 19 novembro 2007 (UTC)
- Comentario Só engadir unhas precisións ao comentario que se fai do meu voto. Creo que está ben claro que o meu voto non trata nin da Política de administradores (na miña opinión esta páxina non é o sitio adecuado para cuestionala e o meu voto non di nada diso) nin do tratamento dos administradores como un cargo honorífico. En canto a comentar os votos doutros usuarios sempre considerei que non era adecuado facelo xusto a continuación, debería facerse á parte nun epígrafe de comentarios para garantir que a votación se desenvolve correctamente. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:25, 19 novembro 2007 (UTC)