Wikipedia:Votacións para borrar/Anxo Carbajal
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
vanidade persoal, a páxina foi feita polo propio biografiado--Miñato 22:04, 11 xuño 2006 (UTC)
- Borrar. Non entro a ler a páxina. Pode ser ou non correcto o seu contido. Pode ser mesmo obxectivo e cumprir coas características que un bo artigo debe ter. Na miña opinión debe borrarse porque non debemos admitir na galipedia actuacións deste tipo. Sería un mal precedente. Hai que poñer límites. --Lmbuga Commons - Galipedia 23:45, 11 xuño 2006 (UTC)
- Borrar. Si é certo que o autor é o propio biografiado, acho que debería ser borrada. Se cadra debería debatirse esto (o feito de que alguén poña a súa propia biografía), e incluirse nalgunha das páxinas que falan dos principios da galipedia Miguel.lima 21:16, 13 xuño 2006 (UTC)
- Neutral. Botei unha ollada por enriba a páxina, si é certo que non cumpre certos requisitos espostos na Galipedia. Pero ninguén se puxo polo de agora en contacto co usuario a fín de darlle a coñecer de que a páxina está proposta para o seu borrado, achádose só a advertencia do usuario Moderador na cal se lle fai saber que se é un artigo de información propagandística será pronto borrado. De eiqui so podemos estraer dúas cousas. 1º) informar o usuario de que o seu artigo está en proceso de votación para o borrado concedendolle un marxe de tempo (a fin de que explique co que motivo foi creado o mesmo) e 2º) proceder a consulta das fontes externas o proxecto (cd's, paxinas web, libros e demáis) para poder verificar os datos expostos no artigo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:14, 13 xuño 2006 (UTC)
- Comentario O texto procede de aadteg.org Anxo Carbajal e a imaxe de culturagalega.org Anxo Carbajal . Ambas cousas xustifican a Eliminación rápida. Pero a cuestión principal que surxe con este artigo, e tamén con outros, é o que na Wikipedia se chama vanagloria. Non necesariamente quen crea o artigo é consciente de que está violando unha política da Wikipedia. Nós non temos unha política por escrito pero estamos seguindo o establecido pola Wikipedia en inglés. Concordo con Miguel.lima en que vai sendo hora de que nos poñamos a traballar nun texto que recolla unhas cantas directrices ao respecto. O usuario coñece que o artigo está en votación porque viu a mensaxe na páxina e blanqueou o artigo. En todo caso podería borrarse polas razóns citadas ao principio. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:48, 13 xuño 2006 (UTC)