Wikipedia:Votacións para borrar/Artigo 155 da Constitución española de 1978
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Manter
Período de votación: 9/12/2017 - 16/12/2017
SI: 1 — NON: 5 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: Manter |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2017 ás 00:48 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Artigo que non ten entidade para ser independente que debe integrar os seus contidos en Constitución Española de 1978 e outros artigos relacionados. Debería terse en conta que para ser relevante, "o tema debe producir un impacto social que determine que vai permanecer no tempo e será de interese público non só momentáneo senón histórico." (Wikipedia:Relevancia enciclopédica). --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2017 ás 00:48 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2017 ás 00:48 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. HombreDHojalata.conversa 9 de decembro de 2017 ás 13:15 (UTC)[responder]
- Manter. Borrárao crendo que era material inédito (sen correspondencia noutras linguas) e, como indiquei no resumo de edición, porque existe un artigo sobre a Contitución española (coa idea inicial de que non se fosen creando entradas individuais para cada un dos seus artigos). Porén, foi erro meu non decatarme de que xa existe noutras linguas; ademais, creo que achega datos históricos de interese (que eu descoñecía), como por exemplo o conato de aplicación nas Canarias. En fin, que o restaurei de forma consciente e creo que se debe manter. --Atobar (conversa comigo) 9 de decembro de 2017 ás 13:24 (UTC)[responder]
- Manter Ten a súa entrada noutras linguas e aporta información de interese, por exemplo, as súas aplicacións. --AshSXXI (conversa conmigo) 9 de decembro de 2017 ás 14:22 (UTC)[responder]
- Manter.Penso que pode quedar porque é un artigo específico e que podería ser consultado de xeito independente. Por outra banda, en caso de quedar, habería que modificalo levemente: no primeiro caso non foi aplicado senón que se advertiu da súa aplicación. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 9 de decembro de 2017 ás 20:57 (UTC)[responder]
- Manter.--Breogan2008 (conversa) 10 de decembro de 2017 ás 11:26 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro. Realmente non o teño claro. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de decembro de 2017 ás 11:37 (UTC)[responder]
- Comentarios
Comentario Comento un pouco pero sen liarme moito. Este artigo non é necesario, non se van crear artigos polos X que ten a Constitución, este artigo non o coñecía ninguén hai tres ou cinco anos, e en outros cinco ou seis, polo menos despois de que pase todo o rebumbio, ninguén volverá saber del. Na wp.es non teñen ningún artigo do resto de artigos da Constitución, non era necesario hai X tempo, non o é agora e non o vai ser no futuro, a única relevancia que ten é temporal e o seu contido pode fusionarse co do artigo da Constitución. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de decembro de 2017 ás 00:43 (UTC)[responder]
- Penso que estás errado, Eli. Moooitas cousas non tiveron transcendencia ningunha ata que a tiveron, e despois apareceron en tódolos libros de historia e neles quedaron, negro sobre branco, para sempre. --. HombreDHojalata.conversa 10 de decembro de 2017 ás 00:55 (UTC)[responder]
- Non sei, eu penso que non... Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de decembro de 2017 ás 02:49 (UTC)[responder]