Wikipedia:Votacións para borrar/Benigno Mallo
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Debido a isto, e de acordo con Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria, a votación queda pechada e o artigo será eliminado. AlberteSi, digame? 23:19, 11 decembro 2007 (UTC)
Benigno Mallo
[editar a fonte]Por que creo que se debe borrar o artigo Benigno Mallo:
- Informacións sen referenciar
- Se quitamos o estilo que sobra quédanos que foi un crego de Sada, que colaborou coas forzas militares franquistas e que presenciou uns fusilamentos. Non me parece contido abondo para crear un artigo de seu na wikipedia. --Xabier Cid 23:22, 8 decembro 2007 (UTC)
A favor
Concordo --☣Banjo tell me 00:16, 9 decembro 2007 (UTC)
Concordo coa proposta ElviraConversa con mi 00:26, 9 decembro 2007 (UTC)
Concordo Aínda que quizais o aceptara se houbera referencias, pero deste xeito non... coñecemos de sobra o caso de Dionisio Pereira, para saber que non podemos acusar de cousas tan graves así tan á lixeira porque as familias dos represores andan aleutos para pór demandas. AlberteSi, digame? 13:32, 9 decembro 2007 (UTC)
Concordo--Beninho 15:12, 9 decembro 2007 (UTC)
Concordo Expoño as razóns en Conversa Wikipedia:Votacións para borrar. Pedro --Lameiro (conversa) 16:22, 9 decembro 2007 (UTC)
Borrar En particular a exposición de Lameiro paréceme impecable. --Prevertgl 17:31, 9 decembro 2007 (UTC)
Borrar O autor do artigo afirmou hoxe a utilización de investigacións propias polo que non ten cabida na Galipedia. Alma (fálame eiquí) 22:34, 11 decembro 2007 (UTC)
En contra
Discordo, non creo que esteamos a falar dos mesmos supostos. Deixando a un lado que a ligazón non leva a ningures, non creo que a finalidade do autor sexa similar, Neste caso creou como 30 artigos sobre unha época determinada e nun lugar moi determinado Sada. Trátase de feitos que pode que os seus contidos non poidan ser moi ampliados pero o seu valor histórico é innegable e o seu lugar nunha enciclopedia como artigos que contextualicen unha determinada época da historia local dun dos nosos concellos moi recomendable. Eu espero que co tempo teñamos moitos artigos, quizais pequenos, pero significativos e ilustrativo de épocas pretéritas das nosas terras. O "estilo sobrante" empregado polo autor creo que é unha sinalización de mal gusto que pode ser chapodada en calquera intre. Lansbricae (Ti dirás) 00:17, 9 decembro 2007 (UTC)
*
Discordo, penso ademais que está nun contexto o ano da Memoria histórica, e ten o seu sentido e o seu lugar. Alma (fálame eiquí) 00:25, 9 decembro 2007 (UTC)
Discordo --Estevoaeipa o que queiras... 01:12, 9 decembro 2007 (UTC)
Discordo Primeiramente, o artigo non fai dano. A partir de aí, habendo miles de artigos a revisar, que si fan dano á Galipedia por teren información incorrecta, antiga, etc, pois discutir o borrado deste artigo paréceme unha discusión baldía, que o maior efecto será o de queimar ao editor que o fixo. Con estes borrados pareceme que lle damos aos recén chegados unha imaxe de que estamos máis de censores que de axudadores, pero é a miña opinion persoal.---- Maañón00 (o que ho?) 09:29, 9 decembro 2007 (UTC)
Comentarios