Wikipedia:Votacións para borrar/Categoría:Asasinados polo bando republicano
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Borrado múltiple
Segundo se debateu no seu momento, as categorías Categoría:Asasinados polo bando nacional e Categoría:Asasinados polo bando republicano plantexan moitos problemas, e poderíase levar até o infinito a categorización deste xeito. Poderíanse crear categorías de "Asasinados pola Revolución Bolxevique", "Asasinados polo Ku Kux Klan" etc. Penso que non son categorías enciclopédicas, e que certamente penso que non aportan nada.
Outras destas categorías poden ser Categoría:Galegos asasinados por ETA, Categoría:Vítimas do terrorismo de Estado, Categoría:Represaliados polo franquismo, etc.
Penso que unha solución xeral sería a de "Mortos na Guerra Civil" ou semellante.
- Borrar
Borrar. --Norrin (Fálame) 10 de abril de 2014 ás 07:22 (UTC)[responder]
Borrar. Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 19:19 (UTC)[responder]
Borrar. --AMPERIO (conversa) 29 de abril de 2014 ás 09:49 (UTC)[responder]
- Manter
Manter. HombreDHojalata.conversa
Manter A proposta de Norrin non está baseada en ningunha argumentación. Por que non é enciclopédica? Son feitos obxectivos, que poden ser perfectamente referenciados. Penso que estas categorías achegan interesante información e concordo plenamente co comentario de Lameiro feito máis abaixo. --Paradanta (Cóntame) 30 de abril de 2014 ás 20:23 (UTC)[responder]
- Cando falo de non enciclopédica é porque entendo que poden pasar dúas cousas: 1) Non achega información relevante sobre os persoeiros descritos, sobre a súa vida, etc. É tan relevante agrupar por "asasinos" como agrupar por "doenzas" e poderíamos crear as cats de "Finados por cáncer" ou "Finados por tuberculose". 2) Sobre a argumentación de Lameiro respondo abaixo. --Norrin (Fálame) 2 de maio de 2014 ás 08:21 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Non podemos levar a neutralidade ata o punto de obviar as consecuencias dun elemento histórico coma este e no noso país, en nada comparable coas consecuencias da revolución bolchevique ou co KKK. Desde logo que non me gusta nada de nada as categorías "Asasinados por uns ou por outros", porque como dixen no seu momento están moi cargadas semanticamente coa palabra Asasinados e polo bando..., pero discutir se as borramos sen intentar antes buscarlle unha alternativa máis neutra paréceme demasiado drástico. ¿Por que non repensamos a alternativa de darlles unha mesma e única categoría na liña de vítimas ou mortos na guerra civil, ou outra fórmula semellante?. A min, tras botar un vistazo á listaxe de asasinados na Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia, dóeme pensar en que pode desaparecer sen máis. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de abril de 2014 ás 18:48 (UTC)[responder]
- Non penso que sexa cuestión de neutralidade, é que penso que non achegan información relevante. Por suposto que é comparable a unha categoría sobre os asesinados pola Revolución Bolxevique, non entendo cal é a diferencia. A Galipedia é unha enciclopedia universal en galego, e non vexo porqué podemos crear categorías sobre a Guerra Civil e non sobre a RB ou o KKK. Entendo que a alternativa sería unha categoría do tipo Mortos na guerra civil, e iso paréceme ben. Entre outras cousas porque, por exemplo, non é o mesmo un executado logo dun consello de guerra que un asasinado nunha corredoira escura por exaltados. Isto é, o "asasinados por XXXX" pode tamén mesturar moitos feitos que non sexan comparables, e digo isto sen pretender xustificar nada. Penso, e subliño isto, que efectivamente poderíamos crear entón a "Categoría:Asasinados pola revolución bolxevique", e aseguro que hai artigos dabondo para enchela, así como unha "Categoría:Asasinados polos Estados Unidos na conquista do oeste", que tamén tería material interesante. --Norrin (Fálame) 2 de maio de 2014 ás 08:29 (UTC)[responder]