Wikipedia:Votacións para borrar/Categoría:Españois nados no Protectorado de Marrocos
Aparencia
- Proposto por: Norrin (Fálame) 3 de xaneiro de 2025 ás 09:05 (UTC) (Período de votación: dende o 03-01-2025 ata, polo menos, o 13-01-2025)
Información: A categoría ten varios problemas, ao meu modo de ver:
- Pendura da categoría "Nados en España", cando o concepto de "Españois" non ten necesariamente que ver con "Nados en España": nin todos os nados en España son españois, nin todas as persoas con nacionalidade española nacen en España.
- Por outra banda, o Protectorado Español de Marrocos non era formalmente nin xuridicamente parte de España, e estamos a penduralo da categoría de España.
- Finalmente, a creación de categorías en base a estados históricos para o nacemento das personalidades nos complicaría sobremanera a praxis actual de categorización de nacementos.
--Norrin (Fálame) 3 de xaneiro de 2025 ás 09:05 (UTC)
- Borrar
Borrar. --Norrin (Fálame) 3 de xaneiro de 2025 ás 09:05 (UTC)
- Manter
Manter Ó meu modo de ver: non se cuestiona a categoría en si mesma. O que se cuestiona é de que categoría ou categorías nais debe pendurar. Por tanto haberá que modificar (ou non) a categoría ou categorías nais, non borrar a categoría proposta para borrado. Unha forma de facelo, por exemplo, sería modificar a categoría nai por Categoría:Nados en Africa (ou non), pero ese xa é outro debate. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xaneiro de 2025 ás 12:22 (UTC)
Manter Coincido coa visión de HombreDHojalata.--Moedagalega (conversa) 14 de xaneiro de 2025 ás 07:32 (UTC)
Manter Tamén son partidario de mantelo porque algo semellante se fai noutras categorías pero, sobre todo, porque tamén coido que é un sistema rápido e inmediato para localizar a persoas que naceron nesa zona concreta. De non facelo depender de España, penso que sería difícil colocalo noutro espazo.[Sinatura editada]--MAGHOI (conversa) 30 de xaneiro de 2025 ás 19:56 (UTC)
- Neutros
- Comentarios