Wikipedia:Votacións para borrar/Ismael Prego
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Non aprobada
Período de votación: 27/3/2017 - 3/4/2017
SI: 1 — NON: 4 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Manter |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 16:29 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Sen relevancia enciclopédica. --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 16:29 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 16:29 (UTC)[responder]
Borrar. Estiven mirando se cabía a posibilidade dunha mellora mais coido que pouco se pode facer. --RubenWGA (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 17:00 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter [1] [2] [3] ☣Banjo tell me 27 de marzo de 2017 ás 17:12 (UTC)[responder]
- Manter --Chairego apc (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 18:10 (UTC)[responder]
- Manter. Evolucionou desde a proposta e aínda ten marxe de mellora. --RubenWGA (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 18:16 (UTC)[responder]
- Manter --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de marzo de 2017 ás 16:26 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Agardar. Verei o que se pode facer, mais a terceira ligazón está morta. Saúdos, --RubenWGA (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 17:31 (UTC).[responder]
- Comentario. Cando abrimos unha VPB adoitabamos avisar ao redactor principal na súa páxina de conversa. --. HombreDHojalata.conversa 27 de marzo de 2017 ás 17:36 (UTC)[responder]
- Comentario Sinto non ter avisado ó revisor principal, creo que é a primeira vez que fago unha votación para borrado. RubenWGA, por moito que fagas o artigo para min non ten relevancia enciclopédica, xa foi borrado en es.wiki e non cumpre Wikipedia:Criterios de notoriedade nin Wikipedia:Relevancia enciclopédica. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 23:25 (UTC)[responder]
- Moi boas tardes Elisardo. Eu só tento evitar o borrado do artigo en cuestión e, para iso, mellorar na medida do posible o mesmo. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 10:46 (UTC).[responder]
- Xa RubenWGA, pero eu non o propoño para borrado pola lonxitude ou o formato do artigo, a proposta de borrado é pola relevancia enciclopédica da persoa que, dende o meu punto de vista, non é axeitada para estar nunha enciclopedia e iso non o podemos amañar nós. Que unha persoa saia na TV e un par de días nos xornais, non é abondo para ser relevante, nuns meses ninguén saberá quen é esa persoa, a iso me refiro. Se dentro dun ano ou dous, esa persoa conseguise manter a relevancia polo seu traballo ou o que sexa, entón si podería ter artigo, pero un "famoseo" temporal e dos medios de comunicación non é xustificación para ter un artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 12:08 (UTC)[responder]
- Moi boas tardes Elisardo. Esta persoa non saiu na TV un par de días nin é un "famoseo" temporal, é unha celebridade na plataforma YouTube que moitos mozos e mozas visualizan diariamente e que publica contenido moi frecuentemente. É, en concreto, o youtuber Wismichu que ten máis de 5 millóns de subscritores e está nas tendencias diariamente, polo que xa consegueu manter unha relevancia considerable dentro da Internet. Exemplos de artigos do mesmo tipo tes Rubén Doblas Gundersen, Germán Garmendia ou mesmo PewDiePie. Con estes argumentos coido que non son, polo tanto e ao meu xuízo, "famoseos" temporais. Por último, remítome ás dúas ligazóns proporcionadas por Banjo para atopar máis información sobre o tema: [4] [5][6]. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 17:06 (UTC).[responder]
- RubenWGA, unha relevancia puntual non quere dicir nada, e menos nun medio tan volátil como internete. É case seguro que dentro de poucos anos ninguén saiba quen é esta persoa, iso quere dicir que non é relevante porque non fixo nada realmente importante. Si, escribiu un libro aproveitando a súa fama, pois si que.... Se nos vindeiros anos sigue traballando e facendo cousas que "deixen pegada" realmente, entón si podería ter un artigo, pero nestes momentos só é un famoso de internet máis. Os outros artigos que mencionas ó mellor tamén habería que borralos (que haxa outros artigos non da dereito a facer un artigo similar, cada artigo ten que ter a súa propia relevancia) pero se votades por deixar este, non paga a pena nin mirar para eles. Quizais dentro dun ano ou dous xa poderemos borralo, o malo é que mentres estamos a darlle unha relevancia que non ten... Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2017 ás 17:04 (UTC)[responder]
- Para mostra de relevancia enciclopédica un botón: consultade os artigos que ligan con el e preparádevos a pasar páxinas e páxinas ;). Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2017 ás 17:06 (UTC)[responder]
- Moi boas tardes Elisardo. Comprendo o que queres transmitir e respecto absolutamente a túa opinión con respecto ao tema. Desculpa as molestias que puidese ocasionar. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 29 de marzo de 2017 ás 18:16 (UTC).[responder]