Wikipedia:Votacións para borrar/José Neira Torrado
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Debido a isto, e de acordo con Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria, a votación queda pechada e o artigo será eliminado. AlberteSi, digame? 23:18, 11 decembro 2007 (UTC)
José Neira Torrado
[editar a fonte]Por que creo que se debe borrar o artigo José Neira Torrado:
- Por moi de acordo que esteamos con este señor (que non temos por que estalo), se lle quitamos o estilo sobrante, o único dato que temos é o de que estaba afiliado a un sindicato e foi asasinado no 36. Creo que iso non o fai merecente de ter artigo de seu na Galipedia. De feito, na wikipedia española tiveron unha discusión semellante sobre alguén que comezou a facer artigos de todas as vítimas de ETA, e decidiron que non era correcto. --Xabier Cid 23:22, 8 decembro 2007 (UTC)
A favor
- Concordo --☣Banjo tell me 00:16, 9 decembro 2007 (UTC)
- Concordo coa proposta ElviraConversa con mi 00:51, 9 decembro 2007 (UTC)
- ConcordoA miña opinión é que é posible un artigo coa lista de asasinados en Sada, incluíndo a breve reseña que se dá nos artigos. Mais síntoo, pero non dá para un artigo propio. AlberteSi, digame? 13:29, 9 decembro 2007 (UTC)
- Concordo--Beninho 15:11, 9 decembro 2007 (UTC)
- Concordo Expoño as razóns en Conversa Wikipedia:Votacións para borrar. Pedro --Lameiro (conversa) 16:22, 9 decembro 2007 (UTC)
- Borrar En particular a exposición de Lameiro paréceme impecable. --Prevertgl 17:30, 9 decembro 2007 (UTC)
- Borrar O autor do artigo afirmou hoxe a utilización de investigacións propias polo que non ten cabida na Galipedia. Alma (fálame eiquí) 22:34, 11 decembro 2007 (UTC)
En contra
- Discordo, non creo que esteamos a falar dos mesmos supostos. Deixando a un lado que a ligazón non leva a ningures, non creo que a finalidade do autor sexa similar, Neste caso creou como 30 artigos sobre unha época determinada e nun lugar moi determinado Sada. Trátase de feitos que pode que os seus contidos non poidan ser moi ampliados pero o seu valor histórico é innegable e o seu lugar nunha enciclopedia como artigos que contextualicen unha determinada época da historia local dun dos nosos concellos moi recomendable. Eu espero que co tempo teñamos moitos artigos, quizais pequenos, pero significativos e ilustrativo de épocas pretéritas das nosas terras. O "estilo sobrante" empregado polo autor creo que é unha sinalización de mal gusto que pode ser chapodada en calquera intre. Lansbricae (Ti dirás) 00:17, 9 decembro 2007 (UTC)
* Discordo--Alma (fálame eiquí) 00:34, 9 decembro 2007 (UTC)
- Discordo --Estevoaeipa o que queiras... 01:11, 9 decembro 2007 (UTC)
- Discordo Primeiramente, o artigo non fai dano. A partir de aí, habendo miles de artigos a revisar, que si fan dano á Galipedia por teren información incorrecta, antiga, etc, pois discutir o borrado deste artigo paréceme unha discusión baldía, que o maior efecto será o de queimar ao editor que o fixo. Con estes borrados pareceme que lle damos aos recén chegados unha imaxe de que estamos máis de censores que de axudadores, pero é a miña opinion persoal.---- Maañón00 (o que ho?) 09:29, 9 decembro 2007 (UTC)
Comentarios