Wikipedia:Votacións para borrar/Modelo:Cidades con máis de 100000 habitantes en California
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Fusión
Período de votación: 13/03/2018 - 01/04/2018
SI: — NON: — NEUTRO: — CONCLUSIÓN: Fusión |
- Proposto por: Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 11:59 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: propoño este modelo para o borrado despois de debatelo internamente comigo moito tempo. Non é un modelo que estea mal, pois amosa os alcaldes das cidades máis importantes de California en número de habitantes. Estamos a falar dunha cincuentena de alcaldes (e unha cincuentena de cidades). Porén, practicamente non temos artigos sobre esas cidades, e non temos ningún sobre os seus alcaldes. O contido sobre quen é ou non alcalde é ademais un que queda desactualizado moi rapidamente e sobre o que, neste momento da Galipedia, non temos capacidade de seguir e actualizar. Ademais, o título do modelo é erróneo, pois refírese ás cidades, cando en realidade é un modelo combinado de alcaldes e, en segundo plano, cidades. Creo que é mellor substituír o seu uso por outro modelo das cidades máis importantes de California, que xa existe, e simplemente borrar estoutro modelo que mestura cidades con alcaldes. Cando teñamos máis forza estará wai, pero agora mesmo ten, creo, moi pouco sentido. Outra opción sería readaptalo a un que fose "Alcaldes das principais cidades de California", pero que estaría baleiro, e que non poderíamos vincular, polo de agora, desde ningunha páxina.--Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 11:59 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 11:59 (UTC)[responder]
- Borrar. --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2018 ás 16:07 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter e fusionar os contidos do outro neste (eliminando os alcaldes), para que se manteña o historial de edicións.--AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 16:21 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- @AMPERIO: ti como creador do modelo, como ves o tema? --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de marzo de 2018 ás 16:12 (UTC)[responder]
- Penso que ben se podería ter modificado este para convertelo neste outro que foi de posterior creación. Evidentemente non ten sentido manter dous modelos que conteñen practicamente a mesma información, pero quizais o que habería que borrar é o outro ou fusionar os contidos neste. --AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 16:21 (UTC)[responder]
- Optei pola proposta de borrado deste porque o outro modelo está moito máis espallado entre os distintos estados. Creo que o que propós, @AMPERIO:, de fusionar os historiais ten moito sentido. Compro. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 17:06 (UTC)[responder]
- Pois si. Compro eu tamén. --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2018 ás 17:23 (UTC)[responder]
- Voto por fusión. --Chairego apc (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 17:49 (UTC)[responder]
- Pois si. Compro eu tamén. --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2018 ás 17:23 (UTC)[responder]
Xabier Cid, pecho a votación. Cando poidas fai a fusión dos modelos porfa. --AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2018 ás 10:40 (UTC)[responder]