Wikipedia:Votacións para borrar/Modelo:Rueiro de Vigo
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Na miña opinión carece de utilidade, conecta persoas que non teñen conexión. En realidade se trata dun modelo de personalidades de maior ou menor relevancia que só teñen en común que teñen unha rúa co seu nome na cidade, creo que non ten sentido facer modelos sobre rúas de todos os concellos galegos. Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:03 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:03 (UTC)[responder]
- Borrar. Só tería sentido este modelo se os artigos dentro del fosen sobre rúas da cidade de Vigo, e non como é o caso, q ue son sobre a personaxe á que se lle adica a rúa, por exemplo. --Tommyhilfiger (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:19 (UTC)[responder]
- Borrar--AMPERIO (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:20 (UTC)[responder]
- Borrar --Norrin_strange (Fala-me) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:16 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Disinto. Creo que si ten utilidade, aínda que só sexa para amosar e reflectir os persoeiros e acontecementos aos que unha cidade decide dedicarlle unha rúa. E si que coñecer quen ou que son eses personaxes ou acontecementos e saber algunha das razóns que puideron levar a dedicarlles unha rúa nesa cidade en concreto é importante. Creo que isto reflicte dalgún xeito o que é esa cidade e polo tanto é unha información relevante. Iso si, o modelo non ten por que poñerse en cada un dos artigos aos que fai referencia. Debería estar só nos artigos que fan referencia á cidade. --Xas (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 23:05 (UTC)[responder]
- Manter. --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de febreiro de 2014 ás 08:25 (UTC)[responder]
- Manter. Para min, a quen se lle adican as rúas dunha cidade di moito máis da historia dela (e ten moito máis interese dende o punto de vista dunha enciclopedia), que a lista de cidades irmandadas, a lista de clubs deportivos que teñen sede nela, a descrición das liñas de autobús... Amais, o cadro vai sempre encollido e ao final dos artigos. Non é intrusivo. --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2014 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro Creo que a idea é boa, pero quizais a resolución como caixas de información vencelladas aos concellos non ten moito sentido. Habería que buscar unha alternativa. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de xaneiro de 2014 ás 20:18 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Que di da historia de Carballo que haxa unha rúa adicada a Rosalía de Castro? Rosalía non tivo nada que ver con Carballo nin Carballo coa súa obra. Ou que di da historia de Pontevedra que haxa unha rúa adicada a Simón Bolívar? Gustaríame sabelo, porque para min esas caixas seguen a ser unha colección de personalidades sen conexión algunha e sen que digan nada. Creo que o modelo é máis unha escusa para evitar artigos horfos de personalidades que non terían outro xeito de estar presentes. Sobre as cidades irmandadas, eu considero interesantes as relacións internacionais dunha cidade, se cadra é superfluo para a maioría. Sobre os clubs deportivos, guste ou non, A Coruña é coñecida en Europa polo Deportivo e non pola Torre de Hércules, é así. As liñas de autobús deberan ir nos artigos das compañías, non nas das cidades (como facemos co metro). Certo que non molesta, pero de ahí a que sexa útil... Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 13:44 (UTC)[responder]