Saltar ao contido

Wiliame Katonivere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWiliame Katonivere

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Suva, Fidxi Editar o valor en Wikidata
Presidente de Fidxi
12 de novembro de 2021 –
← Jioji Konrote Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFiji First Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAisea Katonivere Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Katonivere-1

Ratu Wiliame Katonivere, nado en Suva o 20 de abril de 1964, é un político fidxiano que desde o 12 de novembro de 2021 é o 6° presidente da República de Fidxi.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Katonivere naceu o 20 de abril de 1964 no Colonial War Memorial Hospital en Suva, sendo o máis novo de sete irmáns. Asistiu á Draiba Fijian School antes de continuar a súa educación secundaria no Bua College.[2] Casou con Filomena Katonivere e tiñan dous fillos e tres netos.[3]

Foi xefe da provincia de Macuata desde 2013, sucedendo o seu irmán maior Aisea Katonivere,[4] e anteriormente participou en iniciativas de conservación do Arrecife Cakaulevu.[1][5]

Katonivere foi presidente do Pine Group of Companies de 2020 a 2021, que inclúe a Fiji Pine Limited, a Tropik Wood Industries Limited e a Tropik Wood Products Limited. Tamén é membro da xunta dos aeroportos de Fidxi, a Fiji Sugar Corporation e a Rewa Rice Ltd.[5][6]

O primeiro ministro Frank Bainimarama propuxo a Katonivere como presidente da República de Fidxi o 21 de outubro de 2021. O Parlamento reuniuse ao día seguinte para votar sobre a súa presidencia. Katonivere obtivo 28 votos gañándolle á súa contendente do Partido Liberal Socialdemócrata, a deputada Teimumu Kepa.[7][8] Antes de converterse en presidente, Katonivere renunciou a todos os seus postos directivos que ocupaba anteriormente.[6]

Katonivere prestou xuramento como sexto presidente de Fidxi o 12 de novembro de 2021, sucedendo a George Konrote.[9] Aos 57 anos, é a persoa máis nova en asumir o cargo.[10]

  1. 1,0 1,1 "Ratu Wiliame Katonivere set to be Fiji's next president" (en inglés). 21 de outubro de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  2. "Choice a blessing from God" (en inglés). Consultado o 2021-10-25. 
  3. "Chief: Never Dreamt It" (en inglés). Consultado o 23 de outubro de 2021. 
  4. Fijivillage. "Ratu Wiliame Katonivere is new Tui Macuata" (en inglés). Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "New President Naupoto Or Ratu Wiliame?" (en inglés). Consultado o 12 de outubro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "President Elect relinquishes posts". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2021. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  7. "Tui Macuata For President" (en inglés). Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  8. "Ratu Wiliame is Fiji’s new Head of State". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  9. "New President sworn in". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  10. Fijivillage. "Ratu Wiliame sworn in as Fiji's new President" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2021.