William Burley Lockwood
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1917 Normanby, Reino Unido (en) |
Morte | 30 de abril de 2012 (95 anos) |
Chair of Germanic and Indo-European Philology at Reading (en) | |
1968 – 1982 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Manchester |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, escritor, lexicógrafo |
Empregador | Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Birmingham Universidade de Reading |
William Burley Lockwood, nado o 13 de abril de 1917 e finado o 30 de abril de 2012, foi un profesor de filoloxía xermánica e indoeuropea e lingüista británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras saír da escola traballou nun hotel, nos ferrocarrís e nun emprego informal en Frankfurt cando estalou a Crise dos Sudetes en 1938. Ao ano seguinte trasladouse a Inglaterra e estudou nas Universidades de Manchester e Bristol, obtendo unha particular distinción en alemán. Traballou brevemente na Universidade de Durham (1945) e logo ensinou na de Birmingham ata que en 1961 foi invitado a presidir a cátedra de Filoloxía Comparada na Humboldt-Universität de Berlín Oriental; pero nese ano levantouse o famoso Muro de Berlín e tras catro anos de crecente desilusión política volveu a Occidente. Un ano máis tarde foi invitado a ocupar un posto especialmente establecido para el na Universidade de Reading, que se volveu cátedra en 1968, e permaneceu nela ata a súa xubilación en 1982. De extensos e profundos coñecementos, foron proverbiais tanto o seu fobia á tecnoloxía e ás tarefas administrativas como o seu contaxioso entusiasmo por resolver calquera problema erudito, lingüístico ou etimolóxico.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- An Informal History of the German Language (1965, 2ª ed. 1976).
- Historical German Syntax (1968).
- A Panorama of Indo-European Languages (1972).
- Languages of the British Isles Past and Present (1975).
- An Introduction to Modern Faroese (1977, 4th edn. 2002).
- The Oxford Dictionary of British Bird Names (1984, 2nd edn. 1993).
- German Today: The Advanced Learner's Guide (1987).
- Lehrbuch der modernen jiddischen Sprache (1995).
- An Informal Introduction to English Etymology (1995).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Roe, Ian (13 de maio 2012). "William Burley Lockwood 1917 - 2012". University of Reading. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2019. Consultado o 16 de xullo de 2019.