William Thomas Calman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1871 Dundee, Reino Unido |
Morte | 29 de setembro de 1952 (80 anos) Coulsdon, Reino Unido (en) |
Presidente da Sociedade Linneana de Londres | |
1934 – 1937 ← Frederick Ernest Weiss (pt) – John Ramsbottom (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Dundee |
Actividade | |
Ocupación | biólogo, biólogo mariño, zoólogo, malacólogo, carcinólogo e ilustrador científico |
Empregador | Universidade de Dundee Universidade de St Andrews |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Calman |
Premios | |
Membro da Sociedade Linneana de Londres Membro da Real Sociedade de Edimburgo Medalla linneana | |
William Thomas Calman, nado e Dundee o 29 de decembro de 1871 e finado en Coulsdon, Surrey, o 29 de setembro de 1952, foi un zoólogo escocés, especialista en carcinoloxía.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1909 escribiu a sección de crustáceos no Treatise on Zoology de Lankester, onde introduciu as superordes dos Eucarida, Peracarida e Hoplocarida, así como o concepto da facies caridoide, dun hipotético antepasado dos malacostráceos. Escribiu varias das entradas sobre crustáceos para a undécima edición da Encyclopædia Britannica. Tamén estableceu a actual división dos Branchiopoda nas catro ordes dos Anostraca, Notostraca, Conchostraca e Cladocera. En 1921 foi elixido Fellow da Royal Society.[1]
Desde 1927 a 1936 foi conservador encargado da sección de zooloxía do Museo Británico (Historia natural), hoxe Museo de Historia Natural de Londres.
Desde 1871 até a súa morte, en 1952 foi, o presidente da Sociedade Linneana de Londres, e foi galardoado cola Medalla linneana en 1946.
En 1937 foi nomeado doutor honoris causa pola universidade de St Andrews.
Calman faleceu en Coulsdon, en Surrey, o 29 de setembro de 1952.[2]
Principais publicacións
[editar | editar a fonte]- The Life of Crustacae (1911)
- The Classification of Animals (1949)
Taxons (superiores a xénero) descritos por Calman
[editar | editar a fonte]- Anaspidacea Calman, 1904
- Bresiliidae Calman, 1896
- Bresilioidea Calman, 1896
- Ceratocumatidae Calman, 1905
- Eucarida Calman, 1904
- Hoplocarida Calman, 1904
- Peracarida Calman, 1904
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Colman emprégase para recoñecer a William Thomas Calman como autoridade na descrición e sistemática en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 H. Graham Cannon (1953). "William Thomas Calman. 1871–1952". Obituary Notices of Fellows of the Royal Society (The Royal Society) 8 (22): 355–372. JSTOR 769215. doi:10.1098/rsbm.1953.0003.
- ↑ Waterson, C. D.; Shearer, A. Macmillan (2006). Copia arquivada (PDF). Edinburgh: The Royal Society of Edinburgh. p. 151. ISBN 090219884X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Frederick R. Schram (1993): "The British School, Calman, Cannon and Manton and their effect in Carcinology in the English speaking World), en: Frank Truesdale (Herausgeber): History of Carcinology. Rotterdam, Netherlands: A. A. Balkema Publishers. ISBN 978-90-5410-137-6, pp. 321–348.
- Anita McConnell (2004): Oxford Dictionary of National Biography.