Saltar ao contido

Wistawanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wistawanda foi unha cidade situada ao leste de Hattusa, na Terra Alta Hitita, onde tivo lugar a batalla decisiva que puxo fin a case tres séculos de ataques kaska contra os hititas.

A cidade kaska de Pishuru tiña a dirección das forzas kaskas; por outra banda estaba Hattusilis, futuro rei Hattusilis III, que fora nomeado rei vasalo de Hakpis. Os kaskas tiñan máis de 800 carros de combate e gran número de infantes e os hititas moitos menos carros (Muwatallis II só enviou 120 carros e non enviou infantaría, e Hattusilis seguramente non puido poñer en combate máis de 500 carros e un número limitado de infantes). A batalla estaba igualada e decantaríase seguramente polos kaskas, dada a súa superioridade, se non fose pola morte do xefe kaska durante o combate. Entón o exército kaska desbandouse e os hititas gañaron a batalla.

Hattusilis erixiu unha estela conmemorativa en Wistawanda.

Despois da batalla, a reconquista das cidades hititas que ocuparan os kaskas xa foi sinxela. A pesar da pouca axuda recibida do seu irmán Muwatallis II, Hattusilis aínda puido enviar acto seguido forzas ao seu irmán para a batalla cos exipcios que se librou en Qadesh, en Siria.