Wladimir Köppen
![]() (1921) ![]() | |
Nome orixinal | (de) Vladimir ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de setembro de 1846 (Xuliano) ![]() San Petersburgo (Imperio Ruso) ![]() |
Morte | 22 de xuño de 1940 ![]() Graz (Alemaña nazi) ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Imperio Alemán ![]() |
Educación | Universidade Estatal de San Petersburgo Universidade de Leipzig Universidade de Heidelberg ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeografía, meteoroloxía e Climatoloxía ![]() |
Ocupación | xeógrafo , meteorólogo , botánico , científico da Terra , esperantista , climatólogo ![]() |
Empregador | Deutsche Seewarte (en) ![]() The Voeikov Main Geophysical Observatory (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá, lingua rusa e esperanto ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra franco-prusiana ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia![]() | |
Fillos | Else Köppen (en) ![]() ![]() |
Pais | Peter von Köppen (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Friedrich Köppen (en) ![]() ![]() |
Premios
| |
![]() |
Wladimir Peter Köppen, nado en San Petersburgo o 25 de setembro de 1846 e finado en Graz, Austria, o 22 de xuño de 1940, foi un xeógrafo, meteorólogo, climatólogo e botánico ruso de ascendencia alemá que desenvolveu a súa carreira científica en Alemaña e Austria. A súa grande contribución foi a clasificación climática de Köppen, aínda usada hoxe en día, con algunhas modificacións, para clasificar os climas da Terra, baseándose case en exclusiva nos datos de temperaturas e precipitacións.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De pais alemáns, naceu en Rusia e estudou en Crimea. Doutorouse en Leipzig en 1870 cun estudo sobre os efectos da temperatura no crecemento das plantas. En 1875 empezou a traballar no Observatorio Naval alemán de Hamburgo, onde se fixo responsable do seu servizo de predición meteorolóxica.
A partir de 1884 empezou a traballar nunha clasificación exhaustiva dos climas da Terra, empresa que non culminou ata o 1918, cando publicou a versión completa da súa clasificación, aínda que posteriormente el mesmo lle fixera varias modificacións, datando a última de 1936.
Tamén realizou estudos de paleoclimatoloxía xunta ao seu xenro Alfred Wegener, famoso pola súa teoría da deriva continental e colaborou co climatólogo alemán Rudolf Geiger na elaboración dos cinco volumes da súa obra Handbuch der Klimatologie (Manual de Climatoloxía, en tradución literal ao galego).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Clasificación climática de KöppenArquivado 10 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)