Women's National Basketball Association
Tipo | basketball association (en) |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
Localización | Estados Unidos de América 39°49′41″N 98°34′46″O / 39.828175, -98.5795 |
Vixencia | 1996 – |
Calendario da tempada | maio – |
Outro | |
Páxina web oficial | wnba.com |
A Women's National Basketball Association (WNBA) é unha liga de baloncesto profesional feminina nos Estados Unidos. Actualmente está composta por 12 equipos. A liga foi fundada o 24 de abril de 1996, coma homóloga da National Basketball Association (NBA). Comezouse a xogar no ano 1997. Actualmente, a tempada regular xógase de xuño a setembro, coas Finais no mes de outubro.
Varios equipos da WNBA teñen o seu homólogo na NBA e xogan no mesmo pavillón. O Connecticut Sun, Seattle Storm e Tulsa Shock son os únicos equipos que non comparten nada con algún equipo NBA, a pesar de que as Seattle Storm compartiran cidade cos Seattle SuperSonics antes do seu traslado a Oklahoma City. Ademais deses tres equipos, o Chicago Sky é o outro único equipo que non comparte pavillón cun equipo da NBA. As catro franquías mencionadas anteriormente, xunto cos Atlanta Dream e os Los Angeles Sparks, teñen propietarios independentes. Esta independencia é moi importante para o crecemento da WNBA, xa que houbo un tempo onde todos os equipos da liga tiñan coma propietaria á NBA.
Draft da WNBA
[editar | editar a fonte]Cada primavera, o Draft da WNBA ten lugar en Bristol, Connecticut. De 2005 a 2008 tivo lugar na cidade na que se celebraba a Final Four feminina da NCAA. De 2009 a 2010 tivo lugar nas oficinas da liga en Secaucus, Nova Jersey. O Draft ten actualmente tres roldas, onde cada equipo ten tres eleccións, deixando á parte os traspasos. A orde do Draft para os equipos clasificados para os playoffs o ano anterior básase no récord obtido. O equipo con maior récord, elixe máis tarde. Para as primeiras catro posicións do Draft, o proceso que se usa é similar ó do Draft da NBA.
Tempada regular
[editar | editar a fonte]Tras o descanso de inverno, os equipos comezan os adestramentos en maio. Os adestramentos permítenlles ao corpo técnico avaliar xogadoras (especialmente rookies), evalúan os puntos fortes e débiles do equipo, preparan ás xogadoras para a tempada regular e escollen ás 11 mulleres que estarán no equipo e empezarán a tempada regular. Tras os adestramentos, hai unha serie de partidos amigables. A tempada regular comeza en maio.
Durante a tempada regular, cada equipo xoga 34 partidos, 17 en casa e 17 fóra. Cada equipo xoga 4 veces contra tres equipos da súa conferencia (12 partidos), 5 veces contra dous equipos da súa conferencia (10 partidos), e 2 veces contra os seis equipos da outra conferencia (12 partidos). Igual que na NBA, cada equipo xoga na casa e visita a un equipo polo menos unha vez cada tempada.
All-Star Game da WNBA
[editar | editar a fonte]En xullo, a tempada regular tómase un respiro para celebrar o All-Star Game da WNBA. O partido forma parte dunha longa fin de semana de eventos, que ten lugar nunha cidade con equipo WNBA cada ano. O All-Star Game enfronta ás mellores xogadoras da Conferencia Oeste contra as mellores xogadores da Conferencia Leste. Durante a tempada, os fans votan ás xogadoras que queren que sexan titulares no partido.
Pouco despois do All-Star Game remata o prazo de traspasos. Despois deste día, os equipos non teñen permitido traspasar xogadores a outro equipo durante o resto da tempada, pero seguen podendo asinar e cortar xogadores.
Equipos
[editar | editar a fonte]Equipos trasladados
[editar | editar a fonte]- Detroit Shock – 1998–2009 (converteuse no Tulsa Shock)
- Orlando Miracle – 1999–2002 (converteuse no Connecticut Sun)
- Utah Starzz – 1997–2002 (converteuse no San Antonio Silver Stars)
- Tulsa Shock – 2010–2015 (converteuse no Dallas Wings)
- San Antonio Stars – 2003–2017 (converteuse no Las Vegas Aces)
Equipos desaparecidos
[editar | editar a fonte]- Charlotte Sting – 1997–2006
- Cleveland Rockers – 1997–2003
- Houston Comets – 1997–2008
- Miami Sol – 2000–2002
- Portland Fire – 2000–2002
- Sacramento Monarchs – 1997–2009
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial da WNBA (en inglés)
- Estatísticas da WNBA en Basketball-Reference.com Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)