Wonderful Days
Wonderful Days | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 원더풀 데이즈 |
Director | Kim Moon-saeng |
Produtor | Hwang K. S. Kyeong Hag Lee |
Guión | Kim Moon-saeng Park Jun-Yong |
Intérpretes | Ji Hoon Choi Yeong Seon Eun In Seong O |
Música | Won II |
Estudio | Endgame Productions Inc. Masquerade Films Maxmedia Tin House Productions |
Distribuidora | Palisades Tartan (inglés) Gainax (Xapón) Pathé (Francia) |
Estrea | 17 de xullo de 2003 |
Duración | 86 minutos (estrea orixinal) 95 minutos (corte do director) |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Wonderful Days (en coreano: 원더풀 데이즈) é un filme surcoreano de 2003 de animación e ciencia ficción escrito e dirixido por Kim Moon-saeng. É un filme postapocalíptico ambientado no ano 2142, ano no que a contaminación ambiental levou ó colapso da civilización humana. Creouse coa técnica de imaxe xerada por ordenador fotorrealista, comparable á de filmes como Final Fantasy: The Spirits Within, que salienta por empregar modelos altamente detallados dos fondos sobre os que se animaron as personaxes.
O filme foi estreado en numerosos países occidentais como os Estados Unidos de América e o Reino Unido baixo o título de Sky Blue. Estas versións foron lixeiramente editadas, co recorte de dous minutos en comparanza coa versión orixinal. Países como Francia e Finlandia mantiveron o título orixinal (que é unha transliteración hangul da frase inglesa “Wonderful Days”).
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ji Hoon Choi como Shua
- Yeong Seon Eun como Jay
- In Seong O como Cade
- Se Chang Maeng como Shua de neno
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wonderful Days na IMDb (en inglés).