Wu Tsao
Nome orixinal | (zh-hans) 吴藻 (zh-hant) 吳藻 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1799 |
Morte | 1862 (62/63 anos) |
Grupo étnico | Pobo han |
Relixión | Budismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa, escritora, dramaturga |
Familia | |
Cónxuxe | Huang Mou |
Descrito pola fonte | Biographical Dictionary of Chinese Women: v. 1: The Qing Period, 1644-1911 (en) |
Wu Zao (chinés tradicional: 吳藻; chinés simplificado: 吴藻; pinyin: Wú Zǎo; Wade-Giles: Wu2 Tsao3), nada en 1799 e finada en 1862, foi unha poeta chinesa. Tamén se coñece como Wu Pinxiang (吳苹香)[1] e Yucenzi (玉岑子).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun comerciante, naceu na vila de Renhe (hoxe en día a cidade de Hangzhou) na provincia de Zhejiang. Casou cun mercador[1] chamado Huang. A súa relación co seu esposo non era moi boa, e pola súa parte prefería a compaña de mulleres, xa fose como amizades ou como amantes.
Fíxose famosa como escritora de poesía ci, sendo considerada como a mellor da dinastía Qing. Tamén escribiu poesía sanqu e tocaba o guqin, un instrumento de corda.[3] Wu escribiu unha ópera zaju chamada Yinjiu du Sao,[1] tamén coñecida como Qiaoying.[4] Publicáronse dúas coleccións das súas obras: Hualian ci e Xiangnan xuebei ci e foi estudante do poeta Chen Wenshu. Está considera unha das poetas lésbicas máis grandes de todos os tempos.
Foi unha das poucas mulleres poetas que a comezos do século XIX escribiu sobre a novela O soño da cámara vermella.[5] Wu converteuse ao budismo nos seus últimos anos de vida.
Tradución ao galego
[editar | editar a fonte]Algúns dos seus poemas foron traducidos ao galego por Jesús Castro Yáñez na súa obra recompilatoria Campo de plumas, concretamente "Para a cortesá Ch'ing Lin", "Flores á beira do camiño e polo prado" e "Chuvia inclemente". A tradución dos poemas de Wu Tsao fíxose dende as versión en inglés de Kenneth Rexroth e Ling Chung.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Barnstone, Tony; Chou, Ping (2010). The Anchor Book of Chinese Poetry: From Ancient to Contemporary. pp. 341–42. ISBN 978-0307481474.
- ↑ Marina H. Sung, "Wu Zao" en Biographical Dictionary of Chinese Women: The Qing Period, 1644-1911, editado por Clara Ho. Armonk, N. Y.: M. E. Sharpe, 1998, p. 234.
- ↑ Ho, Clara Wing-chung (1998). Biographical Dictionary of Chinese Women. pp. 234–36. ISBN 0765618273.
- ↑ The Red Brush: Writing Women of Imperial China. Editado por Wilt Idema e Beata Grant. Cambridge, Massachusetts: Harvard University East Asia Center, 2004, pp. 685–694.
- ↑ Ellen Widmer, The Beauty and the Book: Women and Fiction in Nineteenth-Century China. Cambridge, Massachusetts: Harvard University East Asia Center, 2006. Dream of the Red Chamber.