Wurrumiyanga
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Australia | |||
Mainland territory of Australia (en) ![]() | Territorio do Norte ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.563 (2016) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Wurrumiyanga, anteriormente coñecida como Nguiu, é unha vila e comunidade tiwi que se atopa na costa do sur da illa Bathurst, no Territorio do Norte de Australia. A súa poboación era de 1 563 habitantes segundo o censo australiano de 2016.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Nguiu foi fundada en 1911 como misión católica por Francis Xavier Gsell.[2] A oficina de correos de Nguiu abriu o 3 de xuño de 1974, sendo a primeira da illa Bathurst.[3] En 2010 Nguiu foi renomeada como Wurrumiyanga polo Consello da Terra Tiwi. Significa o lugar onde medran as cícadas.[4]
Demografía
[editar | editar a fonte]En Wurrumiyanga, segundo o Censo de 2016 de Australia, o 90,2% da poboación era de orixe aborixe australiana e o 78,3% falaba a lingua tiwi.[1]
Educación
[editar | editar a fonte]Hai dúas escolas católicas na vila, a Escola de Primaria Católica Murrupurtiyanuwu e a Escola Católica Xavier (de 7 a 13 anos).[5]
Cultura
[editar | editar a fonte]Wurrumiyanga é o fogar de Tiwi Designs,[6] unha sociedade artística (que inclúe máis de 100 artistas indíxenas) que produce roupa, esculturas, cerámica e pinturas cuxo obxectivo é o de promocionar, preservar e enriquecer a cultura tiwi.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "2016 Census QuickStats: Wurrumiyanga". quickstats.censusdata.abs.gov.au. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2021. Consultado o 5 de agosto de 2020.
- ↑ F.X. Gsell, The Bishop with 150 Wives (Angus and Robertson, Sydney, 1956), ch. 3.
- ↑ "Post Office List". Premier Postal History. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ Northern Territory Government (ed.). "NT Place Names Register". Consultado o 7 de abril de 2011.
- ↑ "Xavier Catholic College". xcecnt.catholic.edu.au. Consultado o 13 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Tiwi Designs". Tiwi Designs. Consultado o 5 de agosto de 2020.
- ↑ "Tiwi Designs: About Us". Tiwi Designs. Consultado o 5 de agosto de 2020.