XAMPP
XAMPP | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Apache Friends |
Última versión | 7.3.1 (21 de xaneiro de 2019) |
Sistema operativo | Windows, Mac OS X |
Lingua/s | Varias Galego: |
Tipo | Servidor Web |
Licenza | GNU |
Sitio web | https://www.apachefriends.org/pt_br/index.html XAMP en portugués |
XAMPP é un servidor independente de plataforma, software libre, que consiste principalmente na base de datos MySQL, o servidor Web Apache e máis os intérpretes para linguaxes de script: PHP e Perl. O nome provén do acrónimo de X (para calquera dos diferentes sistemas operativos), Apache, MySQL, PHP, Perl. A partir da versión 5.6.15, XAMPP trocou a base de datos MySQL por MariaDB, un fork de MySQL con licenza GPL.
O programa está liberado baixo a licenza GNU e actúa como un servidor Web libre, doado de usar e capaz de interpretar páxinas dinámicas. Actualmente XAMPP está dispoñible para Microsoft Windows, GNU/Linux, Solaris, e Mac OS X.
Características e requisitos
[editar | editar a fonte]XAMPP so require descargar e executar un arquivo zip, tar, ou exe, cunhas pequenas configuracións nalgún dos seus compoñentes que o servidor Web necesitará. XAMPP actualízase regularmente para incorporar as últimas versións de Apache/MySQL/PHP e Perl. Tamén inclúe outros módulos como OpenSSL e phpMyAdmin. Para instalar XAMPP requírese unha pequena fracción do tempo necesario para descargar e configurar os programas por separado.
Aplicacións
[editar | editar a fonte]Oficialmente, os deseñadores de XAMPP só pretendían o seu uso como unha ferramenta de desenvolvemento, para permitir aos deseñadores de sitios webs e programadores comprobar o seu traballo nos seus propios ordenadores sen ningún acceso a Internet. Na práctica, non obstante, XAMPP é utilizado actualmente para servidor de sitios Web e, con algunhas modificacións, é xeralmente o suficientemente seguro para iso. Co paquete inclúese unha ferramenta especial para protexer as partes máis importantes. É básico para un programador web.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Screencast instrucións sobre a pantalla en galego Arquivado 01 de maio de 2009 en Wayback Machine.
- Sitio oficial en portugués do Brasil Arquivado 30 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
- Sitio oficial en español Arquivado 30 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
- Artigo de IBM
- Entrevista con Kai Seidler-MySQL en inglés