Xabier López Marqués
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 ![]() Ribeira, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, poeta ![]() |
![]() ![]() |
Xabier López Marqués, nado en Ribeira en 1959, é un poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Hispánica con La poesía última de Borges, e doutorado con La poesía estridentista mexicana en 1995. É profesor de ensino medio. Comezou a súa carreira literaria en castelán e a partir de 2000 pasou a escribir exclusivamente en galego. Traduciu ao galego a Francis Ponge e o seu Caderno do piñeiral no anuario Barbantia (2005). Colabora en A Voz de Barbantia.
Obras
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]- Destellos, 1980.
- Entonces aún era mañana.
En galego
[editar | editar a fonte]- Polos mares das améndoas, 2000.
- Das paisaxes esquecidas, 2003.
- Tránsitos, 2005.
- A lúa nun ichó, 2007.
- Caderno de Ponza, 2010.
- Chafariz, 2013.
- Un verán. Das dúbidas dun poeta, 2015.
- Silencio, 2017.[1]
- Arró, 2019
- Murmurios (de) ausentes, 2022.[2]
- Os luídos do manancial, 2023.