Xacemento de Proendos
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Proendos, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 45 m² | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Século I e Século IV | |||
O xacemento de Proendos é un xacemento arqueolóxico na parroquia de Proendos no concello de Sober. Na contorna hai un gran número de exemplos do desenvolvemento histórico da zona, dende petróglifos ata torres da homenaxe da Idade Media, pasando polo que parece ser unha vila romana que tivo actividade dende o século I ata o século IV.
Primeiras escavacións
[editar | editar a fonte]A primeira campaña de escavacións, en 2022, puxo ao descuberto a totalidade do horreum ou depósito de cereais que foi descuberto no 2020. Composto por 7 muros paralelos de pedra conformaban a base do hórreo de madeira de un 45 metros cadrados. Na contorna do hórreo descubríronse restos doutras construcións, do que puido ser unha vila ou mansión rural romana (posterior ao hórreo que data do século I) dos séculos III e IV.[1][2] Ademais dalgunhas moedas e cerámica romana con elementos castrexos, atopáronse pezas de lousa con orificios das que inda se descoñece a súa función.[1]
Segunda fase
[editar | editar a fonte]No 2024 realizouse unha prospección con xeorradar cubrindo unha superficie de 15 000 metros cadrados, localizáronse numerosas estruturas do que puido ser unha vila rural. Destacou unha grande estrutura rectangular cun patio, do que podería ser un perístilo.[3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Pon ao descuberto a totalidade do celeiro romano de Proendos". galego.lavozdegalicia.es. Consultado o 2024.
- ↑ "¿A quién perteneció el granero romano de Proendos?". venagalicia.gal. Consultado o 2024.
- ↑ "O xacemento arqueolóxico de Proendos, en Sober, acolle unha nova fase de escavación". ribeirasacraxa.com. Consultado o 2024.
- ↑ "Comeza unha nova campaña arqueolóxica no xacemento romano de Proendos". galego.lavozdegalicia.es. Consultado o 2024.
- ↑ "A Xunta pon en marcha unha nova fase de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos". xunta.gal. Consultado o 2024.