Xan Carballo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (77/78 anos) |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político |
Xan Carballo Rodríguez, nado en 1946, é un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante da Unión do Povo Galego. Auxiliar psiquiátrico do Sanatorio de Conxo de Santiago, foi despedido en 1977.[1] Integrado na Intersindical Nacional Galega, da que foi elixido secretario provincial da Coruña en 1978,[2] pasou despois á INTG, da que foi elixido secretario xeral en 1983.[3] Integrouse na CIG e despois pasou a CUT. Cando en 1986 a UPG aceptou a participación do BNG no Parlamento Galego, xunto con 13 membros do seu Comité Central liderados por Mariano Abalo, deixaron o partido, constituíndo o Colectivo Comunista 22 de marzo, que o 25 de xullo de 1986 se transformou no Partido Comunista de Liberación Nacional. Integrouse despois na FPG.