Xardín Yuyuan
O Xardín Yuyuan (豫園 en caracteres tradicionais chineses) é un modelo da arquitectura clásica da República Popular da China en cidades xardín en excelente estado de preservación. Atópase en condicións de apertura a visitas no centro da cidade de Shanghai, no barrio de Anren Jie.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Contruíuse durante o reinado do Emperador da dinastía Ming Jiajing no ano 1559, como xardín privado dun funcionario público, Pan Yunduan, comisionado no traballo da administración da provincia de Sichuan. Documentouse que a súa construción buscaba o conforto de seu pai, en idade avanzada.[2]
Estrutura do parque
[editar | editar a fonte]Cunha superficie de aproximadamente dúas hectáreas o xardín é internacionalmente coñecido polos seus grandes enfeites de pedra, que poden acadar os tres metros de altura. Túneis escarvados en xade chinés, o salón da primavera, a antiga sala da ópera e ducias de despachos, estudos e oficinas que conservan reliquias da arte da dinastía Ming. O xardín está poboado por diversas árbores senlleiras que acadan os 400 anos de idade. Hai diversos lagos espallados por toda a área do xardín. A madeira está presente nas construcións, alén dos constantes enfeites de plantas. O lume aparece no seu abundante uso da cor vermella como pintura para as columnas, portas, xanelas e detalles entallados nesas construcións típicas da dinastía Ming e Qin. Así mesmo no tipo de peixe que foi escollido para poboar os lagos, a especie Koi.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Xardín Yuyuan, setembro de 2018, despachos.
-
Xardín Yuyuan, setembro de 2018, comezo dun enfeite de pedra.
-
Xardín Yuyuan, setembro de 2018. Detalle en vidrieira.
-
Xardín Yuyuan, setembro de 2018. Vista durante o horario de apertura.
-
Xardín Yuyuan, setembro de 2018. Pequeno illote.
-
Xardín Yuyuan, setembro de 2018. Decoración no tellado.
-
Xardín Yuyuan, setembro de 2018. Árbore de 400 anos.
-
Reliquia de xade.
-
Xardín Yuyuan, setembro de 2018. Benvida ao xardín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xardín Yuyuan" Arquivado 01 de maio de 2019 en Wayback Machine.(en inglés)
- ↑ CM, Afonso (2017). Jardins do ocidente e do oriente: ordenamento ou recriação da paisagem. Paisagem e Ambiente, journals.usp.br. p. 132.
- ↑ Arruda Campos, SH (2013). CHINA OUT OF THE BOX III. REU-Revista de Estudos Universitários, - periodicos.uniso.br. p. 538.