Xardín Botánico Ría do Burgo
Tipo | xardín botánico | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Juan Lembeye | |||
Localización | ||||
División administrativa | O Burgo, España | |||
| ||||
O Xardín Botánico Ría do Burgo e Aula da Natureza Juan Lembeye, é un xardín botánico duns 50.000 m² de extensión, pertencente ó concello de Culleredo.
Localización
[editar | editar a fonte]Atópase no paseo marítimo do Burgo en Culleredo, á beira da ría do Burgo, na provincia da Coruña.
Coleccións
[editar | editar a fonte]No Xardín Botánico atópanse unha gran variedade de especies autóctonas e tamén se recrea un xardín ó estilo dos pazos galegos. Noutras parcelas proxectáronse pequenos xardíns tradicionais de distintas partes do mundo. Dispón tamén dun invernadoiro, un pequeno parque infantil e unha pequena lagoa que se enche coa subida da marea xa que está conectada á ría.
No seu interior está a Aula da Natureza que é utilizada para diferentes actividades como exposicións, concertos, diferentes cursos de temática medioambiental etc.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruceiro no xardín botánico.
-
Lateral do edificio do xardín botánico.
-
Olivas no xardín botánico.
-
Regato no xardín botánico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xardín Botánico Ría do Burgo |