Saltar ao contido

Ría da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ría do Burgo»)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Modelo:Xeografía físicaRía da Coruña
Imaxe
Tiporía Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°22′N 8°22′O / 43.37, -8.37
PLANO DEL PAIS
adyacente a las tres rías de la
CORUÑA, BETANZOS Y FERROL,
llamado de las Mariñas,
Por el D.r D.n Domingo Fontán

A ría da Coruña é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das rías medias galegas.[1] Fórmase pola desembocadura do río Mero no océano Atlántico e baña os municipios da Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre. A parte interior da ría coñécese como ría do Burgo, mentres que o termo "ría da Coruña" adoita referirse á parte máis aberta, tamén denominada ás veces "baía da Coruña".

A ría do Burgo é un brazo de mar duns catro quilómetros de longo que se estende dende a desembocadura do Mero, entre as parroquias do Temple e O Burgo, ata a praia de Santa Cristina, unha frecha areosa na parroquia de Perillo. A ría do Burgo ten entre 400 e 800 metros de largo e correspóndese coa parte final do val do río Mero, polo que presenta unha fisonomía fluvial, caracterizada pola sedimentación, e con salinidade variable[2]. A ría do Burgo presenta niveis de contaminación moi altos, que afectan o marisqueo e requiren saneamento urxente[3][4].

Fóra do estuario do Burgo, a ría da Coruña presenta unha forma ovada, na que o porto coruñés ocupa o lado occidental e a costa de Oleiros, a beira meridional e oriental. A súa boca, entre Punta Herminia e o Seixo Branco ten 4 km de largo, e dende aí até o fondo da baía hai 6 km.

As praias principais da ría da Coruña son as oleiresas de Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz, Canide, Mera, Espiñeiro ou Canaval. Na marxe esquerda, no concello da Coruña, encóntranse as de Oza, Santo Amaro, O Grelle e Area de Concha.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Rías Altas en Turgalicia.
  2. Sandoval, Antonio (20 de decembro de 2004). "Aves de la Ría do Burgo, A Coruña" (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2015. 
  3. "El Parlamento Europeo urge al Gobierno español a que sanee la ría do Burgo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-08-29. Consultado o 2020-09-15. 
  4. Diario, Nós. "Xunta e Estado encastélanse no dragado da ría do Burgo". Nós Diario. Consultado o 2020-09-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]