Saltar ao contido

Praia de Oza

Praia de Oza
Praia de Oza.
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónA Coruña
Lonxitude100 m
Grao de ocupaciónAlta
Grao de urbanizaciónUrbana
Paseo marítimo
Características específicas
Condicións do baño
Zona de fondeoAdmítese
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Zona protexidaSi
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitados
Tipo de accesoPeonil con aparcadoiro
Sinalización do acceso

A praia de Oza é unha praia urbana do concello da Coruña. Resgardada do vento atlántico e das ondas. Conta con aseos, duchas, aparcadoiro, quiosco de prensa, posto de socorro, primeiros auxilios e xestión ambiental ISO 14001.

Está prohibido entrar con animais.

Foi construída en 1994, preto da antiga e desaparecida praia de Oza[2], tamén coñecida como praia de Lazareto –coñecida así por situarse ós pés dunha leprosería–, cuxa maior parte foi destruída durante a ditadura franquista por causa da instalación dun varadoiro, ficando entón reducida a unha pequena cala, a pesar da oposición dos veciños[3][4][5][6]. Cando se construíu o novo areal, a vella praia foi reducida un pouco máis por mor da construción dun treito de paseo marítimo[7], desaparecendo definitivamente uns anos despois cando en 2001 comezou a construción dun recheo no que se enterrou un depósito de lodos tóxicos[8][9] que suscitou as protestas dos veciños[10][11][12] e dos mariscadores[13], enriba do cal despois foron levantadas as instalacións dun club náutico[3][14].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Lista completa de las playas españolas con bandera azul en 2018
  2. Enrique Vedia y Goosens (1845). Historia y descripción de la ciudad de La Coruña. Imprenta y libreria de D. Domingo Puga. p. 64.  (en castelán)
  3. 3,0 3,1 "A praia de Oza" Biblioteca Universitaria de Oza
  4. "El Lazareto, la playa maldita". La Voz de Galicia. 18 de marzo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2014.  (en castelán)
  5. "Unha praia moi contestataria" Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros
  6. "Oza: la playa más reivindicada". La Opinión A Coruña. 12 de outubro de 2015.  (en castelán)
  7. "Foto aérea da antiga praia na segunda metade dos anos 1990". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2016. Consultado o 06 de abril de 2016. 
  8. "Denuncian que la construcción del relleno de Oza es una bomba de relojería". La Voz de Galicia. 13 de marzo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.  (en castelán)
  9. "El Puerto había previsto arrojar en el Centenario los lodos depositados en Oza". La Voz de Galicia. 11 de maio de 2001.  (en castelán)
  10. "Amplio respaldo ciudadano a la protesta contra la balsa de residuos tóxicos". La Voz de Galicia. 4 de maio de 2001.  (en castelán)
  11. "«A poza de Oza mátanos»". La Voz de Galicia. 4 de maio de 2001.  (en castelán)
  12. "La asociación vecinal de Oza remite a la Unión Europea un informe sobre la balsa de lodos". La Voz de Galicia. 1 de maio de 2001. Arquivado dende o orixinal o 13/04/2016. Consultado o 31/03/2016.  (en castelán)
  13. "Los cultivadores de marisco creen que la balsa de Oza no ofrece garantías". La Voz de Galicia. 21 de abril de 2001. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.  (en castelán)
  14. "El Puerto recuerda que sobre la balsa de lodos se construirá un náutico". La Voz de Galicia. 27 de abril de 2001. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.  (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]