Igrexa de San Pedro de Mezonzo da Coruña
Igrexa de San Pedro de Mezonzo da Coruña | |
---|---|
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Pedro de Mezonzo |
Localización | A Coruña |
Coordenadas | 43°21′27″N 8°24′23″O / 43.35758, -8.40635 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | 1964 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Pedro de Mezonzo é un templo católico situado na área de Catro Camiños (A Coruña).
Descrición
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Pedro de Mezonzo foi deseñada polo arquitecto Francisco Echenique Gómez nun estilo clásico do gusto das autoridades franquistas da época. Ten unhas dimensións de 30×60 m e a fachada está delimitada por dúas torres con campanario de máis de 40 m.[1] É basicamente de formigón, con partes en pedra e mármore e dúas vidreiras. Sobre a portada hai unha escultura de pedra da Virxe María e dous anxos.[2]
O interior de planta de cruz latina con tres naves. A luz entra por unha cúpula de 30 m arrodeada pola lenda Salve Regina.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O crecemento demográfico da Coruña dende o século XIX provocara a creación da nova parroquia de Santa Lucía no ensanche da cidade. Coa fusión nunha das parroquias de Santiago e Santa María na Cidade Vella púidose establecer unha nova parroquia, a de San Pedro de Mezonzo. Esta constituíuse o 1 de xaneiro de 1930, con José Toubes Pego como primeiro párroco. [3]
O primeiro templo parroquial foi a capela de Santa Lucía, demasiado pequena para a poboación do barrio, o que fixo que deseguida se pensase na construción dunha nova igrexa.[1] Entre os proxectos destaca a proposta de Antonio Tenreiro, de estilo expresionista.[4] Na década de 1950 chegouse a falar de trasladar a fachada do mosteiro de Monfero, entón en ruínas, para o novo templo.[5]
A igrexa actual foi inaugurada en 1964.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Fachada
-
Detalle da cristaleira
-
Interior
-
Cúpula
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 García Cortés 2012, p. 95.
- ↑ 2,0 2,1 García Cortés 2012, p. 96.
- ↑ García Cortés 2012, p. 94.
- ↑ Agrasar, Fernando, ed. (2007). Antonio Tenreiro 1893-1972 (en castelán). COAG. p. 74-78. ISBN 978-84-96712-08-9.
- ↑ Prieto, Nuria (26/01/2022). "La iglesia de San Pedro de Mezonzo de A Coruña, un templo que estuvo al borde del ‘trasplante’". quincemil (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Pedro de Mezonzo da Coruña ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Cortés, Carlos (2012). Templos coruñeses. Historia-Arte-Culto (en castelán). Xerión. ISBN 978-84-936595-5-4.