Millenium
Millenium | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | obra escultórica e monumento ![]() | |||
Xénero artístico | arte pública ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña ![]() | |||
Localización | paseo marítimo da Coruña ![]() | |||
Altitude | 8 m ![]() | |||
Construción | ||||
Fundación | 2000 ![]() | |||
Material usado | aceiro e cristal ![]() | |||
Implicados | ||||
Creador | Gerardo Porto ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Millenium é un monumento con forma de obelisco situado no Paseo Marítimo da Coruña. Ergueuse para conmemorar o inicio do século XXI e ten como referentes a Torre de Hércules e o Obelisco dos Cantóns. Ten 46 metros de altura e está feito en aceiro (2 toneladas) e 147 cristais de rocha traídos desde os Países Baixos.
O deseño dos cristais é do artista Gerardo Porto.[1][2] Nos 13 primeiros metros cóntase a historia dos principais acontecementos e personaxes da Coruña, tallados nos cristais. Estes teñen 3 mm de espesor, foron tratados a 800 °C e pesan 3 toneladas.
De noite ilumínase mediante 142 focos de luz (53.100 vatios). O 1 de xaneiro de 2001 acendeuse por primeira vez en 12 tramos.
O proxecto inicial incluía baixo a súa base un miradoiro que tamén faría de cafetería que non chegou a abrir.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Detalle do obelisco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pousa, Luis (30 de decembro de 2000). "A Coruña estrena el obelisco Millennium, un monolito de cristal de 50 metros". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 3 de xaneiro de 2016.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (3 de xaneiro de 2011). "Milenium, una década de olvido". El País (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2016.
- ↑ Eiroa, E. (17 de abril de 2014). "El Millenium lleva 3 años sin luz". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Millenium ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |