Igrexa de San Xoán Bautista da Coruña
Igrexa de San Xoán Bautista da Coruña | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Xoán Bautista |
Localización | A Coruña |
Coordenadas | 43°20′11″N 8°23′26″O / 43.336280216282, -8.3904906575175 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | 1926-1928 |
Estilo | Neogótico |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Xoán Bautista é un templo católico situado no lugar de Monserrat (A Coruña).
Descrición
[editar | editar a fonte]A igrexa, de estilo neogótico está situada nun lugar de difícil acceso, por ser inicialmente a capela do Hospital Labaca.[1] A fachada principal ten un arco apuntado cun rosetón. O exterior tamén ten contrafortes nos laterais.[2]
O interior é de tres naves con bóveda oxival.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O templo forma parte do complexo do Hospital Labaca, da fundación creada polos irmáns Ricardo e Ángela Labaca. O proxecto foi encargado a Leoncio Bescansa, tamén autor das Escolas Labaca. A obra realizouse entre 1926 e 1928 e foi inaugurada en presenza do xeneral Primo de Rivera, entón no poder.[1]
En 1950, cando a fundación non conseguía sustentarse, cedeuna ao concello para que instalase o Hospital Municipal. O templo, atendido por un capelán, pasou ao arcebispado de Santiago de Compostela.[1] En 1977 converteuse en iglexia parroquial coa creación da parroquia de San Xoán Bautista, escindida de Nosa Señora do Carme.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 García Cortés 2012, p. 166.
- ↑ 2,0 2,1 García Cortés 2012, p. 167.
- ↑ García Cortés 2012, p. 165.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Xoán Bautista da Coruña |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Cortés, Carlos (2012). Templos coruñeses. Historia-Arte-Culto (en castelán). Xerión. ISBN 978-84-936595-5-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Turgalicia
- Prieto, Nuria (03-05-2023). "La iglesia de la fundación Labaca de A Coruña: una historia en tres actos (segundo acto)". Quincemil (en castelán). Consultado o 27-11-2024.