Leoncio Bescansa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1879 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 15 de maio de 1957 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto ![]() |

Leoncio Bescansa Casares, nado na Coruña en 1879 e finado na mesma cidade en 1957 foi un arquitecto galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bescansa era fillo do comerciante coruñés Fermín Bescansa e de Cándida Casares Teijeiro, filla á súa vez do químico Antonio Casares Rodríguez.
Estudou no instituto da Guarda e trasladouse a Madrid para estudar arquitectura, carreira que rematou en 1903.[1] En 1904 viaxou por Alemaña, Austria e Italia. Foi arquitecto municipal en Córdoba, Lugo e Santiago de Compostela e arquitecto diocesano de Monforte de Lemos. A partir de 1911 instalouse como arquitecto libre na Coruña.[2] En 1912 casou con María García Moniño.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]
Bescansa foi un dos últimos arquitectos modernistas, mais considérase integrado no grupo de arquitectos do eclecticismo, con Pedro Mariño ou Eduardo Rodríguez-Losada.[2]
Destacan na súa obra as Escolas Labaca (1912-1915) e o edificio principal do Colexio Compañía de María da Coruña (1925)[3], que combinan modernismo con estilo neogótico[4] e o edificio chamado popularmente “dente de ouro” na praza de María Pita (1926-1927). Realizou tamén edificios de vivendas en Betanzos.[2] Na Casa Torres da Coruña (1925) mesturou o barroco español con estilos europeos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 238.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Fuentes Sanz, Miriam (2013-2014). Los estilos arquitectónicos (PDF). Universidade da Coruña. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de novembro de 2015. Consultado o 11 de agosto de 2015.
- ↑ Lema Panisse, C. e Veleiro Pérez, A. (2017). Cen anos educando: Compañía de María A Coruña 1917-2017. Fundación Edelvives.
- ↑ "As escolas Labaca e a arquitectura do seu tempo". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 11 de agosto de 2015.
- ↑ Garrido Moreno, Antonio (1998). "La galería gallega" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (21). ISSN 1130-7625. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2020. Consultado o 11 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
- Porto Ucha, Ángel Serafín; Vázquez Ramil, Raquel. Un espacio escolar centenario (en castelán). III Foro Ibérico de Museísmo Pedagógico – V Jornadas Científicas de la SEPHE. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 11 de agosto de 2015.
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 110.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "A Coruña modernista". EducArtabria (en castelán). 15 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de agosto de 2015.