Igrexa de San Nicolao da Coruña
Igrexa de San Nicolao da Coruña | |
---|---|
Fachada da igrexa. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | San Nicolao |
Localización | A Coruña |
Coordenadas | 43°22′17″N 8°23′55″O / 43.371305555556, -8.3986666666667 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | 1740-1865 |
Estilo | Barroco[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Nicolao é un templo relixioso de estilo barroco situado na Coruña. É unha das parroquias históricas da cidade da Coruña, con Santa María, Santiago e San Xurxo.
Descrición
[editar | editar a fonte]O edificio ten planta de cruz latina e unha soa nave abovedada. A cada lado da nave hai seis capelas, a maioría funerarias. No interior destacan o presbiterio e as complexas decoracións barrocas. Dúas portas con balcóns permiten o acceso a outras áreas como a sancristía.[2]
A fachada clasicista, de dous corpos, está rematada por dúas torres-campanario.[2] No adro existe un cruceiro.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]O templo anterior, do que só se conserva a capela do Cristo, cunha inscrición de 1632 foi destruído no asedio de 1589.[1] A partir desa data e especialmente dende 1688 tivo que ser consolidado e reformado.[4]
A heteroxeneidade e antigüidade do edificio existente fixo necesaria a reconstrución, contra 1740, dun novo templo de estilo barroco.[4] A fachada orixinal, posiblemente de estilo híbrido, foi substituída en 1861 pola actual, proxectada por Faustino Domínguez Domínguez.[2]
Na capela das Dores está enterrada a fundadora do Hospital da Caridade, Teresa Herrera.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Igrexa de San Nicolás
- ↑ 2,0 2,1 2,2 PEPRI
- ↑ Ficha do cruceiro en Turgalicia.
- ↑ 4,0 4,1 Vigo Trasancos, Alfredo (2007). A Coruña y el siglo de las luces: la construcción de una ciudad de comercio (1700-1808) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Nicolao da Coruña |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Turgalicia
- Parroquia
- Web da Parroquia Arquivado 24 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.