Saltar ao contido

Gaivota de Sabine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xema sabini»)
Gaivota de Sabine

Adulto en Islandia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Especie: Larus sabini
Nome binomial
Larus sabini
(Sabine, 1819)
Sinonimia

Xema sabini[2]

Xema sabini

A gaivota de Sabine[3] ou gaivota gallada[4] (Larus sabini ou Xema sabini)[5][6] é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características

[editar | editar a fonte]

Ave pequena, cun debuxo dorsal moi contrastado. Mesturando tons grises, negros e brancos. Cabeza, patas e peteiro negros. Este último mostra o extremo amarelo.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Algúns autores manteñen esta especie dentro do xénero Larus co nome L. sabini.[7][8] Outros prefiren crear un xénero propio monoespecífico para ela, o xénero Xema.[2] Os estudos do ADN mitocondrial indican que o seu parente máis próximo é a gaivota do Ártico Pagophila eburnea (antes Larus eburneus), da que, non obstante, se separou hai uns dous millóns de anos, moito antes que o resto das gaivotas, o que xustificaría clasificala nun xénero propio.[9]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Cría no Ártico, tanto en Siberia coma en Alasca, as costa setentrionais do Canadá e Groenlandia. Numerosos individuos do nordeste de América e Groenlandia, despois de criar, migran a partir de agosto.[10] A zona de invernada sitúase en Namibia e Suráfrica[10]. En Europa as observacións destes individuos migradores son habituais, e concéntranse na costa atlántica e sobre todo nos meses de outono e inverno. En anos de temporais, as citas son máis frecuentes. Aínda así considérase unha especie rara.[10]

En Galicia pódese observar dende setembro ata novembro. Máis común na costa cantábrica e ocasional en puntos illados da costa de Pontevedra.[10]

  1. Butchart, S.; Symes, A. (2015). "Xema sabini". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T22694479A85116152. Consultado o 1 May 2016. 
  2. 2,0 2,1 del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J., eds. (1998). Handbook of the Birds of the World. 3. Barcelona: Lynx Edicions. p. 621. ISBN 84-87334-20-2.
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  4. Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 240. 
  5. Snow, D. W. & Perrins, C. M. (1998). The Birds of the Western Palearctic Concise Edition. OUP ISBN 0-19-854099-X.
  6. Hagemeijer, W. J. M., & Blair, M. J., eds. (1997). The EBCC Atlas of European Breeding Birds. Poyser, Londres ISBN 0-85661-091-7.
  7. Snow, D.W.; Perrins, C.M., eds. (1998). The Birds of the Western Palearctic (Concise ed.). ISBN 978-0198540991.
  8. Hagemeijer, W.J.M.; Blair, M.J., eds. (1997). The EBCC Atlas of European Breeding Birds. London: Poyser. ISBN 0-85661-091-7.
  9. Day, Robert H.; Stenhouse, Ian J.; Gilchrist, H. Grant (2001). "Sabine's Gull (Xema sabini)". The Birds of North America Online. Ithaca: Cornell Lab of Ornithology. doi:10.2173/bna.593. Retrieved 6 January 2011.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Paterson, Andrew (1997). Las Aves Marinas de España y Portugal. ISBN 84-87334-21-0. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.