Saltar ao contido

Xeosfera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo esquemático das capas terrestres

A xeosfera e unha parte estrutural da Terra que se estende dende a superficie ata o interior do planeta (uns 6.740 km) Esta capa caracterízase por ter unha estrutura rochosa que serve de soporte ó resto dos sistemas terrestres (biosfera, atmosfera, hidrosfera e criosfera) situados estes sobre a súa parte máis superficial.

Composición

[editar | editar a fonte]

Está composta por sobre todo por 3 tipos de elementos químicos: ferro, osíxeno e silicio, que xunto ao resto dos elementos forman as rochas e minerais que existen nesta capa.

Distribución

[editar | editar a fonte]
Vista esquemática do interior da Terra. 1: Codia continental - 2: Codia oceánica - 3: Manto superior - 4: Manto inferior - 5: Núcleo externo - 6: Núcleo interno - A: Descontinuidade de Mohorovičić - B:- Descontinuidade de Gutenberg - C: Descontinuidade de Wiechert-Lehmann.

Esta capa divídese en tres partes: codia, manto e núcleo.

Artigo principal: Codia terrestre.

E a parte máis superficial da Terra. Pódense distinguir dous tipos de codia:

Artigo principal: Manto.

Capa situada debaixo da codia. As rochas que o constitúen son ricas en osíxeno, magnesio, silicio e ferro. Encóntrase a temperaturas entre os 1.500 e 3.000 °C.

Núcleo terrestre

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Núcleo terrestre.

Ocupa o centro da Terra. Está constituído por rochas ricas en ferro e níquel. Está a unha temperatura duns 6000 °C. Podémolo dividir en dous tipos:

  • Núcleo interno: esténdese ata o centro da terra e está en estado sólido.
  • Núcleo externo: pénsase que se atopa en estado líquido, alcanza as 3.700 millas de profundidade e os seus compoñentes están sometidos a moita presión e temperatura.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]