Jesús Bal y Gay
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1905 Lugo, España |
Morte | 3 de marzo de 1993 (87 anos) Torrelaguna, España |
Actividade | |
Ocupación | musicólogo, compositor, crítico musical |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Rosa García Ascot |
Jesús Bal y Gay, nado en Lugo o 23 de xuño de 1905 e finado en Torrelaguna (Madrid) o 11 de marzo de 1993, foi un músico, musicólogo e intelectual galego, unha das figuras significativas da chamada Xeración do 27.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jesús Bal y Gay naceu o 23 de xuño de 1905 en Lugo, onde viviu a súa infancia e mocidade. En 1914 comezou os seus estudos de piano con Mercedes Cornide e María Mota. En 1922 mudouse a Madrid para realizar seus estudos de enxeñaría. Entre 1925 e 1933 viviu na Residencia de Estudiantes,[2] onde tomou contacto coa Institución Libre de Enseñanza. O ambiente de traballo gustoulle, pois permitiulle o seu desenvolvemento persoal. En 1926 comezou a relacionarse co mestre Manuel de Falla. En 1935 viaxou a Cambridge como bolseiro, onde residiu 3 anos. Ligou esta saída de España co exilio en México, malia que o comezo da guerra civil española colleuno, coa súa esposa, en Lugo. Convidado polo presidente Lázaro Cárdenas, viviu en México 27 anos. En 1965 volveu a España, onde morreu en 1993 na localidade de Torrelaguna (Madrid). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha residencia universitaria do campus de Lugo (adscrito á Universidade de Santiago de Compostela) leva o seu nome.
Obra
[editar | editar a fonte]- Hacia el ballet gallego (Lugo, 1924)
- Folklore musical (de Melide) (Santiago, 1933)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Franco, Enrique (15 de marzo de 1993). "Muere en Madrid el musicólogo Jesús Bal y Gay". El País (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2019.
- ↑ Martín Ruiz, Leticia. "Jesús Bal y Gay" (en castelán). Real Academia de la Historia. Consultado o 4 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández García, R. M. (2005). Bal y Gay. O seu pensamento antes de 1933. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-204-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha bio-bibliográfica en Galegos
- ACEcultura (2 de outubro de 2012). "Jesús Bal y Gay". YouTube (en castelán).