Xesús Pablo González Moreiras
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (77/78 anos) Monterroso, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Xesús Pablo González Moreiras, nado en Monterroso en 1946, é un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestre (1971-1984) e a partir de 1985 profesor de Lingua e Literatura Galega en institutos de Educación Secundaria. Ingresou no Corpo de Inspectores de Educación en 1989. Foi subdirector xeral de Centros e delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo. Foi director xeral de Política Lingüística (2000-2005).
Predecesor: Manuel Regueiro Tenreiro |
Director xeral de Política Lingüística |
Sucesor: Marisol López Martínez |