Xesús Pisón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 (69/70 anos) O Valadouro, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Premios | |
Xesús Emilio Pisón Villapol, nado en Ferreira do Valadouro en 1954, é un autor dramático galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos nove anos trasladouase á Coruña. Aos dezaseis ligouse ao mundo teatral, participando como actor no grupo Os Cans Ceibes, adscrito a Teatro Circo. Cultivou a poesía e a narrativa. Co tempo decantouse pola escrita teatral. Trátase dun dos autores dramáticos máis destacados desde a década de 1980, contando cunha variada produción. Ten publicados, ademais, ensaios sobre teatro, literatura e mitoloxía, e realiza traballos escenográficos, deseños de vestiario, carteis de espectáculos e ilustracións de libros e revistas teatrais.
As súas obras foron levadas a escena, entre outras, pola Compañía Luís Seoane, a Escola Dramática galega, Teatro do Alvardán, Clube Teatral Elsinor , G. T. Badius, Uvegá Teatro, 8días Teatro...
Colaborou en medios e publicacións periódicas como A Nosa Terra, O Correo Galego, Escaramuza, Grial, Casahamlet, Luzes de Galicia, Arlequín, Sermos Galiza, Galicia Hoxe, ADDE ou a Revista Galega de Teatro.
Obra
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- O Xigante Don Gandulfo, Señor de Tentequedo (1980, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- O pauto (1983, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- O rei aborrecido (1984, Castrodouro).
- Santuario (1997, Sotelo Blanco)
- Ei, Feldmühle! (1991, Deputación da Coruña). (Traducida ao castelán)
- Antoine de Lévaillant (1993, Elsinor Teatro)
- María e Flora (1993, Elsinor Teatro)
- Venenos (1994, Deputación da Coruña). (Traducida ao castelán)
- O inmortal (1994, Agalia)
- Viva Peter Pan (1995, AS-PG).
- Teatro-minuto (1996, Cadernos de Teatro).
- Tatuaxes (1998, Art Teatral). (Traducida ao castelán)
- O cuarto de Ofelia (1999, Casahamlet)
- Quero ser Hamlet (1999, Casahamlet)
- Crisálidas (2000, Cadernos de Teatro).
- O libro, carta a María Casares (2001, Casahamlet)
- Home e muller preñada (2001, Revista Galega de Teatro)
- Venus Podre (2001, Revista Galega de Teatro)
- Animal / Vacío (2002, Cadernos de Teatro).
- O milagre de Baíñas (2003, Fervenza).
- Os ollos (2003, Edições Tema, Lisboa).
- Escena de Lisístrata para Psicosis González (2005, Galicia Hoxe)
- Cóxegas (2005, Laiovento).
- Noite invadida (2005, Universidade da Coruña)
- A túa boneca (2007, Casahamlet).
- O regreso (2007, Galicia Hoxe)
- A cloaca (2007, Galicia Hoxe)
- Peza de Frankenstein (2010, Casahamlet)
- Tania e 2009 (2013, Revista Galega de Teatro)
- Materna (2020, Revista Galega de Teatro, nº 100)
- Lúas do Orzán (2024). Santiago: Laiovento.296 páxs. ISBN 978-84-8487-691-5. Escolma que inclúe: prólogo CARTA A MARÍA CASARES, Como Jekyll e Hyde, A Vía Láctea, "Tatuaxes, "Materna", animal VACÍO, Ollos, e Danza da mentira.[1]
Literatura infantil-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O pintor do vento (1985, Galaxia). Traducida ao castelán, [2] ao catalán,[3] ao éuscaro[4] e ao aranés.[5]
- A porta prohibida (1985, Galaxia).
- O demo presumido (1987, Galaxia). Traducida ao castelán,[6] ao catalán,[7] ao éuscaro[8] e ao aranés.[9]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Memoria da Esfinxe (2002, Casahamlet).
- Hamlet ADN (2005, A Nosa Terra)
- A man rota (2005, A Nosa Terra)
- Nós (2005, Galicia Hoxe)
- Edipo de Neve (2013, Sermos Galiza)
- A Casa (2013, Sermos Galiza)
- Espellos (2013, Sermos Galiza)
- CANCIÓN mitoloxía da NAI no Valadouro (2014, Cadernos do SEVA)
- Nais (2015, Sermos Galiza)
- Alborada de Edipo (2020). Laiovento. 191 páxs. ISBN 978-84-8487-482-9.
- Filomena, María, Ana e outras deusas (2021, Cadernos do SEVA)
Publicacións conxuntas
[editar | editar a fonte]- Monólogos (1987, Sotelo Blanco). Teatro.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Ediciós do Castro). Poesía.
- O camiño das estrelas (1993, Elsinor Teatro). Teatro.
- Contos do Valadouro (1998, A Nosa Terra). Narrativa.
- Contos do Valadouro (1999. A Nosa Terra). Narrativa.
- Contos do Valadouro (2005. Ediciós do castro). Narrativa.
- Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010, Deputación de Lugo). Investigación.
- Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro (2019, Deputación de Lugo). Investigación.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1980, por O país dos ríos.
- Premio do Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1983, por O pauto.
- Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1984, por O demo presumido.
- Premio de teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña no 1991, por Ei, Feldmülhe!
- Premio de teatro Rafael Dieste no 1994, por Venenos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Edicións Laiovento - LÚAS DO ORZÁN". laiovento.gal. Consultado o 2024-09-14.
- ↑ "El pintor del viento". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "El pintor del vent". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Luxioren abenturak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Eth pintor deth vent". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "El diablo presumido". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "El dimoni presumit". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Deabru harroskoa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Eth Diable presomit". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.