Xoán, infante de Portugal
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1400 ![]() Santarém, Portugal ![]() |
Morte | 18 de outubro de 1442 ![]() Alcácer do Sal, Portugal ![]() |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Batalha ![]() |
Grão-Mestre da Ordem de Santiago da Espada (pt) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Évora ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | 2.º Cerco de Ceuta (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Familia | Dinastía de Avis ![]() |
Cónxuxe | Isabel de Barcelos (1424 (Gregoriano)–) ![]() |
Fillos | Diogo de Portugal, Isabel de Portugal, Beatriz de Portugal ![]() |
Pais | Xoán I de Portugal ![]() ![]() |
Irmáns | Beatriz, Condessa de Arundel Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña Henrique, duque de Viseu Duarte de Portugal Fernando, o Infante Santo Pedro, Duque de Coimbra Afonso I, Duque de Bragança ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Xoán de Portugal, nado en Santarém o 13 de xaneiro de 1400 e finado en Alcácer do Sal o 18 de outubro de 1442, foi un infante de Portugal da dinastía de Avis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo do rei Xoán I e da súa muller, a raíña Filipa de Lancaster. Foi condestábel de Portugal, sucedendo a Nuno Álvares Pereira, e aínda señor de Reguengos, Colares e Belas. En 1424, Xoán casou coa sobriña Isabel de Bragança, filla do duque Afonso.
Durante o reinado de Duarte de Portugal, Xoán uniuse ao seu irmán Pedro, duque de Coímbra na contestación á expedición a Tánxer que habería de acabar en desastre. Defendeu tamén a entrega da cidade de Ceuta, conquistada en 1415 a cambio da liberdade do Infante Santo, mesmo contra a vontade do propio.
No inicio do reinado do seu sobriño Afonso V de Portugal, a rexencia do reino foi entregado a Leonor de Aragón, a raíña nai. Esta decisión testamento do falecido rei provocou rexeitamento popular e ameazas de motíns en Lisboa. Foi Xoán que se instalou na capital, para evitar unha rebelión. Despois, rexeitando as ofertas de alianza de Leonor e Afonso, conde de Barcelos (o futuro duque de Bragança), defendeu a realización de cortes para nomear o duque de Coímbra novo rexente.
Descendencia
[editar | editar a fonte]- Diogo de Portugal, condestábel de Portugal (1425-1443)
- Isabel de Portugal (1428-1496), casada co rei Xoán II de Castela e nai da raíña Isabel a Católica
- Beatriz de Portugal (1430-1506), casada co príncipe Fernando de Portugal, duque de Viseu, foi nai do rei Manuel I
- Filipa de Portugal (1432-ca.1450), señora de Almada