Santarém, Portugal
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Santarém | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Abitureiras (pt) Abrã (pt) Achete, Azoia de Baixo e Póvoa de Santarém (pt) Alcanede Alcanhões (pt) Almoster (pt) Amiais de Baixo (pt) Arneiro das Milhariças (pt) Azoia de Cima e Tremês (pt) Casével e Vaqueiros (pt) Gançaria (pt) Moçarria (pt) Pernes (pt) Póvoa da Isenta (pt) Romeira e Várzea (pt) São Vicente do Paul e Vale de Figueira (pt) União de Freguesias da cidade de Santarém (pt) Vale de Santarém (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 62.200 (2011) (110,68 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 562 km² | ||||
Bañado por | Río Texo | ||||
Comparte fronteira con | Azambuja (pt) Golegã (pt) Torres Novas Alcanena (pt) Porto de Mós Chamusca (pt) Almeirim Alpiarça (pt) Cartaxo (pt) Rio Maior (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Evento clave
| |||||
Día festivo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cm-santarem.pt |
Santarém é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Santarém, con cerca de 28.900 habitantes (32.000 na área urbana)[cando?].
Desde 2002 está integrada na rexión estatística (NUTS II) do Alentexo e na subrexión estatística (NUTS III) da Lezíria do Texo; até entón formaba parte da antiga rexión de Lisboa e Val do Texo. Pertencía aínda á antiga provincia do Ribatexo (hoxe porén sen ningún significado político-administrativo), da cal era capital.
É tamén sede dun concello con 558,29 km² de superficie e 63.563 habitantes (2001), subdividido en 28 freguesías. O municipio está limitado ao norte polos concellos de Porto de Mós, Alcanena e Torres Novas, ao leste pola Golegã e pola Chamusca, ao sueste por Alpiarça e Almeirim, ao sur polo Cartaxo, ao suroeste pola Azambuja e ao oeste por Rio Maior.
Historia
[editar | editar a fonte]A rexión de Santarém foi poboada na época prerromana por lusitanos. Atribúese a fundación da cidade aos romanos, que ocuparan a zona durante o século II a. C., denominándoa Scalabis. Ao longo do período romano, Scalabis fora un importante posto comercial no Texo medio, e como capital do convento escalabitano, un dos tres da provincia da Lusitania.
Logo do período visigótico, Scalabis foi ocupada polos musulmáns no século VIII d.C., que converteron a cidade nun notábel centro cultural. Aquí naceron o poeta e historiador Ibn Bassam (falecido en 1147) e o poeta Ibn Sara (1043-1123).
O dominio islámico rematou en 1147, cando Afonso I, o primeiro monarca portugués, tomou a cidade. No mesmo ano foi tomada tamén Lisboa. Ambos casos foron etapas cruciais no desenvolvemento da Reconquista portuguesa.
Posteriormente, Santarém tornouse nunha cidade visitada con frecuencia polos reis portugueses, sendo a miúdo sede das reunións das Cortes. O rei Fernando I foi moi amante desta cidade, facéndose sepultar nela, no convento de San Francisco (porén a súa tumba está hoxe no convento do Carmo, en Lisboa). A cidade foi así unha das máis importantes de Portugal da Idade Media, como testemuñan os seus monumentos, especialmente mosteiros, e o pazo real (actualmente desaparecido), Como o estilo predominante foi o gótico, Santarém é denominada a "Capital do Gótico portugués".
No século XV planificouse no pazo real a conquista de Ceuta, acontecida en 1415. Importantes personalidades da era dos descubrimentos eran naturais de Santarém, como Pedro de Meneses, primeiro gobernador de Ceuta, enterrado na igrexa da Graça. No mesmo templo está sepultado Pedro Álvares Cabral, descubridor do Brasil en 1500.
Os séculos seguintes foron de decadencia para Santarém. En 1755 o coñecido terremoto de Lisboa, sacudiu fortemente a cidade, que perdeu importantes monumentos. Durante a Guerra Peninsular, as tropas napoleónicas saquearan a cidade.
O século XIX foi de repunta para a cidade, que veu construír unha ponte ferroviaria sobre o Texo en 1861. No XX, Santarém continuou a recobrarse, aínda que un tanto de vagar.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Entre os sitios dignos de ser visitados na cidade encóntranse:
- o Seminario, cunha impoñente igrexa, desde 1970 Catedral da diocese de Santarém, foi construído polos xesuítas no 1671, no lugar onde se situaba o pazo real. O interior da igrexa contén notábeis altares maneiristas e barrocos.
- Convento de San Francisco, fundado na primeira metade do século XIII e reconstruído no XIV cun claustro gótico-manuelino; a igrexa, anterior, é románico-gótica.
- Igrexa de Santa Clara, do século XIII, custodia a tumba de dona Leonor, filla do rei Afonso III, fundadora do convento, do que formaba parte o templo.
- Igrexa da Marvila, do século XVII, ricamente decorada de azulexos.
- Igrexa da Graça, do 1380, en estilo gótico florido; contén a tumba de Afonso Tellez de Meneses, fundador da igrexa, a do sobriño Pedro de Meneses e a do descubridor e navegante Pedro Álvares Cabral (1467-1526), que estaba casado cunha Meneses.
- Museo Arqueolóxico, colocado dentro da Basílica de San Xoán de Alpordo, románico-gótica, recolle obxectos variados do período da dominación islámica e da época manuelina.
- Xardín das Portas do Sol, é un parque público urbano, sobre o sitio da antiga cidadela árabe.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas tradicionais de Santarém celébranse o 19 de marzo.
Freguesías de Santarém
[editar | editar a fonte]As freguesías de Santarém son as seguintes:
- Abitureiras.
- Abrã.
- Achete.
- Alcanede.
- Alcanhões.
- Almoster.
- Amiais de Baixo.
- Arneiro das Milhariças.
- Azóia de Baixo.
- Azóia de Cima.
- Casével.
- Gançaria.
- Marvila (Santarém).
- Moçarria.
- Ourém.
- Pernes.
- Pombalinho.
- Póvoa da Isenta.
- Póvoa de Santarém.
- Romeira.
- Santa Iria da Ribeira de Santarém (Santarém).
- São Nicolau (Santarém).
- São Salvador (Santarém).
- São Vicente de Paul.
- Tremês.
- Vale de Figueira.
- Vale de Santarém.
- Vaqueiros.
- Várzea.