Saltar ao contido

Xoán, conde de Montizón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán, conde de Montizón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean de Bourbon Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Carlos María Isidro de Borbón y Braganza Editar o valor en Wikidata
15 de maio de 1822 Editar o valor en Wikidata
Aranjuez, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de novembro de 1887 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Brighton, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Trieste (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carlist pretender to the Spanish throne (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1855 Editar o valor en Wikidata)
Outro
TítuloDuque de Anjou
Montizónské hrabství (en) Traducir
Carlist pretender to the Spanish throne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Beatriz de Áustria-Este (1847–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
FillosCarlos, duque de Madrid, Afonso Carlos, duque de San Jaime Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos María Isidro de Borbón Editar o valor en Wikidata  e María Francisca de Braganza Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos Luís de Borbón
Fernando de Bourbon e Bragança Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1522128

Xoán de Borbón Braganza, conde de Montizón, nado en 1822 e finado en 1887, foi o pretendente ao trono español da dinastía carlista co nome de Xoán III (1861-1868) e pretendente lexitimista ao trono francés co nome de Xoán III rei de Francia e Navarra (1883-1887).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Juan Carlos María Isidro naceu como Infante de España en Madrid, fillo de Carlos María Isidro de Borbón e da infanta María Francisca de Portugal. En 1833 trasladouse co seu pai a Portugal e en 1834 a Inglaterra. O 6 de febreiro de 1847 casou coa arquiduquesa Beatriz de Austria-Este, filla de Francisco IV de Módena e a princesa María Beatriz de Savoia, coa que tivo dous fillos Carlos, duque de Madrid e Afonso Carlos, duque de San Jaime.

Xoán e Betriz viviron en Módena ata a revolución de 1848, cando despois dunha estadía en Austria establecéronse en Londres, Xoán desenvolveu tendencias liberais en contradición coa súa propia familia e muller, da que se acabou separando. Cando o 23 de abril de 1860 o seu irmán Carlos Luís de Borbón abdicou tras ser detido polas autoridades españolas logo dunha tentativa frustada de insurrección, Xoán asumiu os dereitos da dinastía carlista, a pesar da retractación de Carlos Luís unha vez liberado e durante uns meses houbo dous pretendentes carlistas, ata que a morte de Carlos Luís en xaneiro deixou a Xoán como o único pretendente, aínda que mantivo escasos apoios entre os carlistas, polo seu ideoloxía liberal, e a viúva de Carlos María Isidro, María Teresa de Braganza, príncesa de Beira exerceu como a verdadeira cabeza do movemento carlista e en 1864 proclamou na Carta aos españois como rei lexítimo ao fillo de Xoán, Carlos co nome de Carlos VII. Aínda que algúns destacados carlistas, como Ramón Cabrera ou o conde de Chambord seguiron a recoñecer a Xoán como o rei lexítimo ata que Xoán abdicou dos seus dereitos o 3 de outubro de 1868 e retirouse a Hove, preto de Brighton e apoiou ao seu fillo na Terceira Guerra Carlista.

O 24 de agosto de 1883 á morte do conde de Chambord, o pretendente lexitimista ao trono de Francia, a viúva e unha parte dos seus seguidores procláronno o seu herdeiro e Xoán converteuse en pretendente ao trono de Francia, aínda que non de forma activa.