Xoán Bautista Mariño Abuín
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 ![]() Dodro, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Xoán Bautista Mariño Abuín, nado en Dodro no ano 1968, é un profesor e político galego do BNG.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía Románica (subsección Filoloxía Francesa) pola Universidade de Santiago de Compostela, completou estudos na Universidade de Rennes 2. Como profesor do ensino secundario de francés desde o ano 1997 obtivo distintos destinos: Fuentesaúco (Zamora), Ribeira, Boiro, Vilagarcía de Arousa e Muxía. Desenvolveu traballo sindical na CIG-Ensino fundamentalmente na comarca da Barbanza e na actualidade traballada como docente de Francés de Secundaria no CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, onde ten praza definitiva.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/Coidados_porta_a_porta.jpg/220px-Coidados_porta_a_porta.jpg)
Na súa faceta política milita activamente no nacionalismo desde 1999 participando nas listas do BNG de Dodro. Foi concelleiro-voceiro do BNG en Rianxo no período 2003–2007[2] e formou parte da lista encabezada por Francisco Rodríguez ao Congreso dos Deputados no 2004 pola provincia da Coruña en representación da comarca do Barbanza. En 2019 encabezou a lista do BNG en Dodro[3] e saíu elixido concelleiro, formando parte por primeira vez dun goberno tripartito neste municipio. Desde entón exerce como portavoz municipal e forma parte da Xunta de Goberno cunha tenencia de alcaldía e ostenta a responsabilidade da Concellaría de Servizos Sociais e Benestar[4], cargo sen dedicación remunerada.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/79/Obradoiro_de_memoria.jpg/220px-Obradoiro_de_memoria.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5d/Documental_moncho_reboiras_2020.jpg/220px-Documental_moncho_reboiras_2020.jpg)
Como concelleiro impulsou diversos cambios na política municipal, incrementando as prestacións á cidadanía no eido social, entre as que destaca o novo programa Dodro Escoita[5] que atende a persoas maiores que viven soas.
Tamén, desde o goberno municipal, promoveu en 2020 a preestrea do documental Reboiras: Acción e Corazón e, nun salón de plenos con presenza da veciñanza e de destacados membros da UPG e do BNG, conseguiu que a estrada que atravesa a aldea de Imo[6] leve o nome de Moncho Reboiras, recordando así o seu veciño asasinado en Ferrol pola policía franquista en 1975. Nas eleccións municipais de 2023 volveu ser o candidato do BNG.
Foi correspondente de La Voz de Galicia entre os anos 1992 e 1997 con novas e artigos xornalísticos sobre Dodro, así como o autor de fotos de Dodro do arquivo da Voz desa época. Colaborou con outras publicacións como A Nosa Terra,[7] EDUGA,[8], Galicia Viva[9] e Terra e Tempo.[10]
É socio e colaborador da Asociación de Profesores de Francés de Galicia desde os seus inicios e fundador e integrante da Asociación Cultural Galicia Viva e coordinador da revista electrónica www.galiciaviva.org, tempo durante o cal colaborou estreitamente con outras intelectuais da comarca como Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Avelino Abuín de Tembra, Manuel Dourado Deira[11] e Raimundo García Domínguez, máis coñecido por Borobó.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Pleno pacto goberno. Foto de Merce Ares
-
Proxección documental Reboiras: Acción e Corazón
-
Obradoiro de teatro organizado por Servizos Sociais
-
Entrega de premios da carreira pedestre
Obras[editar | editar a fonte]
Autor dun artigo do libro Os vellos camiños do Barbanza, percorrendo barbanza.[12]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Xoán Bautista Mariño Abuín". www.terraetempo.gal. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 2019-07-25.
- ↑ O BNG rianxeiro volve apostar por Xoán B. Mariño para encabeza-la lista
- ↑ Canal Barbanza (2019-05-14). "14052019 05 BNG BRAÑAS DE LAIÑO DODRO". Consultado o 2019-05-23.
- ↑ "Mariño destaca a aposta do BNG por mellorar os servizos sociais en Dodro". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-05-11.
- ↑ [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/dodro/2020/02/27/span-langgldodro-activa-novo-programa-escoitar-aos-seus-maiores-span-ano-valoracion/0003_202002SL27S27992.htm
- ↑ Diario, Nós (2022-06-10). "A 'carretera de Imo', en Dodro, pasa a chamarse Moncho Reboiras". Nós Diario. Consultado o 2023-05-11.
- ↑ "A Nosa Terra (5 de setembro de 2008)". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 05 de abril de 2019.
- ↑ Unha aposta polo multilingüismo EDUGA
- ↑ "O galego está nunha boa liña" La Voz de Galicia
- ↑ "Revista Dixital en galego de pensamento nacionalista. Noticias, artigos, opinións e comentarios de diversos colaboradores de Terra e Tempo". mail.terraetempo.gal. Consultado o 2023-05-11.
- ↑ Manuel Dourado Deira
- ↑ Os vellos camiños do Barbanza, percorrendo barbanza, Coruña. 2011