Xoán Ramón Fernández Pacios
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 ![]() Foz, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | historiador ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Xoán Ramón Fernández Pacios, nado en Foz en 1965, é un historiador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1990 licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Historia Contemporánea. É habitual articulista e conferenciante sobre temática histórica, en especial sobre materias relacionadas coa Mariña lucense, participou como Secretario nas Xornadas de Estudos Medievais da Mariña Central desde a súa primeira edición no ano 2004 e como Comisario da exposición Foz e a súa historia. Na actualidade é presidente da asociación cultural A Pomba do Arco de Foz e o encargado do Centro de Interpretación do Camiño Norte en Mondoñedo.
En 2021 foi nomeado cronista oficial de Foz.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Recompilación da memoria histórico-local do concello de Foz (Deputación de Lugo, 1993). ISBN 978-84-86824-22-2
- O Camiño de Santiago na Mariña Lucense (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004). ISBN 978-84-688-6455-2
- O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo: I Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central (Deputación de Lugo, 2006; coordinador). ISBN 978-84-8192-344-3
- San Gonzalo. Bispo Mindoniense (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2008). ISBN 978-84-8341-229-9
- Hospitalidade e peregrinación. O camiño do norte na Mariña luguesa (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2009). ISBN 978-84-612-9349-0
- Camiño do mar (Deputación de Lugo, 2011). ISBN 978-84-8192-668-X
Artigos
[editar | editar a fonte]- "Usos e costumes da freguesía de San Martín de Xuvia (1759-1794)". Estudios Mindonienses nº 21, 2005.
- "Poboación e Igrexa no Bispado de Mondoñedo en 1782" Estudios Mindonienses nº 23, 2007[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xosé Ramón Fernández Pacios, novo cronista oficial de Foz". A Mariña Xa (en castelán). 27 de maio de 2021.
- ↑ Fernández Pacios, Xoán Ramón (2007). "Poboación e Igrexa no Bispado de Mondoñedo en 1782" (PDF). Estudios mindonienses.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O gabinete de Foz, blog persoal.
- Conferencia na agrupación cultural O facho da Coruña (2011): Afonso VII, Imperador Galego
- Artigos na edición dixital do xornal Terra e Tempo: Perfil do colaborador Arquivado 20 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
Predecesor: Jesús Fernández López |
Cronista de Foz 2021 - actualidade |
Sucesor: No cargo |