Saltar ao contido

Xoán Xurxo IV de Saxonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán Xurxo IV de Saxonia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Johann Georg IV. von Sachsen Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1668 Editar o valor en Wikidata
Dresden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte27 de abril de 1694 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Dresden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da morteVaríola Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFreiberg Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Príncipe elector
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, arte militar e nobreza Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Dresden Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaristócrata, político, soldado Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe elector Editar o valor en Wikidata
FamiliaAlbertine branch (en) Traducir e Casa de Wettin Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLeonor Edmunda de Saxe-Eisenach (1692–) Editar o valor en Wikidata
ParellaMagdalena Sibylla of Neidschutz Editar o valor en Wikidata
FillosWilhelmina Maria Frederica of Rochlitz
 () Magdalena Sibylla of Neidschutz Editar o valor en Wikidata
PaisXoán Xurxo III de Saxonia Editar o valor en Wikidata  e Ana Sofia da Dinamarca Editar o valor en Wikidata
IrmánsJohann Georg Maximilian von Fürstenhoff
Augusto II el Fuerte Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Wettin-41

Xoán Xurxo IV de Saxonia, nado en Dresden, 18 de outubro de 1668 e finado en Dresden o 27 de abril de 1694, foi elector de Saxonia e membro da Casa de Wettin.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xoán Xurxo era o fillo máis vello do elector Xoán Xurxo III e da súa esposa Ana Sofía de Dinamarca, e sucede ó seu pai tras a súa morte o 12 de setembro de 1691.

A principios do seu reinado o seu conselleiro de maior confianza foi Hans Adam von Schöning, quen o encamiñou cara a unha unión entre Saxonia e Brandeburgo, en busca dunha actitude de independencia do emperador. Fáiselle a proposta a Leopoldo I de Habsburgo quen non quixo aceptar, e a consecuencia, as armas imperiais ameazaron ao electorado. Para rematar coas controversias e afastar o perigo, o conselleiro Schöning foi posto en prisión en xullo de 1692. O ano seguinte, o emperador contraeu un acordo con Xoán Xurxo que reportaba unha estreita alianza entre o electorado e o Imperio.

En Leipzig o 17 de abril de 1692, Xoán Xurxo contraeu matrimonio con Eleonora Edmunda de Saxonia-Eisenach, Margravina viúva de Brandenburg-Ansbach. O mozo elector foi forzado a casar pola súa nai, Ana Sofía de Dinamarca, coa clara intención de dar herdeiros lexítimos ó electorado.

O matrimonio de Xoán Xurxo foi bastante infeliz, e buscou consolo nos brazos do seu amante Madalena Sibila de Neidschutz. O seu pai xa tratara de separalos, preocupado pola súa proximidade sanguínea: en realidade, Madalena, era filla ilexítima do elector Xoán Xurxo III e de Úrsula Margarida de Haugwitz; por orde do elector Úrsula casou co Coronel Rodolfo de Neidschutz, quen debía aparentar ser formalmente o pai da nena. Como consecuencia, Xoán Xurxo e Madalena Sibila eran medios irmáns.

Probablemente o mozo Xoá Xurxo xamais estivo ao corrente da estreita relación familiar que o unía co seu amante e axiña que morreu o seu pai e tomou o seu posto, viviu con ela abertamente e converteuse na súa "favorita" ou amante oficial.

A súa esposa, Eleonora Edmunda, cada día máis humillada polo seu marido, foi relegada a Hofe, que era a residencia oficial dos electores, mentres Xoán Xurxo se foi con Madalena Sibila a vivir a outro palacio.

Tolamente namorado da súa amante e con serias intencións de casar con ela, Xoán Xurxo tentou asasinar a súa muller. Isto foi evitado grazas á intervención do seu irmán máis novo Frederico Augusto, cando Xoán Xurxo tratou de atravesar a Eleonora coa espada, o desarmado Frederico Augusto logrou desviar o golpe coas mans espidas. Isto causoulle unha discapacidade permanente.

O 20 de febreiro de 1693, Madalena Sibila foi nomeada Condesa de Rochlitz (Reichgrafïn von Rochlitz) cun Decreto Imperial. Pouco antes dera a luz á única filla da parella, Guillermina María. Ó lexitimala, o Rei e a Raíña de Inglaterra, foron os seus padriños. Pero a felicidade non durou moito xa que ó pouco tempo a recente nai contraeu varíola e morreu o 4 de abril de 1694 en brazos de Xoán Xurxo, quen contraeu tamén a doenza.

Xoán Xurxo faleceu vinte e tres días máis tarde, o 27 de abril e foi sepultado na Catedral de Friburgo.

Ó morrer sen herdeiros foi sucedido como elector polo seu irmán Frederico Augusto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Karlheinz Blaschke: Johann Georg IV.. In: Neue Deutsche Biographie (NDB). Band 10, Duncker & Humblot, Berlin 1974, ISBN 3-428-00191-5, S. 527 f. (Digitalisat).
  • Heinrich Theodor Flathe: Johann Georg IV. In: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 14, Duncker & Humblot, Leipzig 1881, S. 384–386.
  • Jürgen Helfricht: Die Wettiner - Sachsens Könige, Herzöge, Kurfürsten und Markgrafen, Sachsenbuch Leipzig 4. aktualisierte Auflage 2007 ISBN 3-89664-044-5
  • Frank-Lothar Kroll: Die Herrscher Sachsens: Markgrafen, Kurfürsten, Könige 1089–1918, Verlag C. H. Beck, München 2007, S. 160 ff. (Digitalisat)
  • Wolfgang Sommer: Die lutherischen Hofprediger in Dresden, Frank Steiner Verlag Stuttgart 2006, S. 236 (Digitalisat)
  • Franz Otto Stichart: Das Königreich Sachsen und seine Fürsten, Leipzig 1854, S. 221 ff.(Digitalisat)
  • Hans-Joachim Böttcher: Johann Georg IV. von Sachsen & Magdalena Sibylla von Neitschütz - Eine tödliche Liaison, Dresden 2014, ISBN 978-3-941757-43-1