Xoán de Worcester
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI Tardebigge, Reino Unido (en) |
Morte | século XII |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador, monxe |
Período de actividade | 1095 - 1140 |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Obra | |
Obras destacables |
Xoán de Worcester, finado c. 1140, foi un monxe e cronista inglés, do priorado de Worcester, coñecido por ser o autor do Chronicon ex chronicis.
Chronicon ex chronicis
[editar | editar a fonte]O Chronicon ex chronicis é unha historia do mundo que comeza a partir da creación, e remata cos acontecementos do ano 1140. O esquema de cronoloxía está baseado na crónica de Mariano Scoto de Mainz (m. 1082). A súa importancia reside na información que ofrece sobre a historia de Inglaterra.
Autoría
[editar | editar a fonte]A maior parte deste traballo, o contido, ata o ano 1117 ou 1118, antigamente era atribuída ao monxe Florencio de Worcester, porque na sección do ano 1118 menciona a morte deste Florencio e eloxia a súa capacidade como cronista[1][2][3]. De acordo con este punto de vista, Xoán de Worcester só sería un continuador, que tería escrito a parte final do libro. Con todo, hai dúas obxeccións contra esta teoría: en primeiro lugar, houbo un cambio de estilo de escritura e, en segundo, algúns dos apartados anteriores para a información dos 1118 están baseados na Historia novorum de Eadmer de Canterbury, que foi escrita máis tarde, entre 1121 - 1124[4].
A opinión maioritaria, hoxe, é que Xoán de Worcester foi o principal autor e compilador deste traballo. Nas páxinas sobre a historia dos anos 1128 e 1138 e en dous manuscritos (CCC MS 157, e o Chronicula), escrita pola súa propia man, consta o seu nome como autor. O bispo Wulfstan de Worcester, conta que o viu escribindo esta crónica e tamén foi testemuña o cronista anglonormando Orderic Vitalis, cando visitou o convento de Worcester[5].
Manuscritos
[editar | editar a fonte]Sobreviviron cinco manuscritos do Chronicon ex chronicis máis un fragmento dunha única folla:
- MS 157 (Oxford, Corpus Christi College).
- MS 502 (Dublín, Trinity College).
- MS 42 (Londres, Lambeth Palace).
- MS Bodley 297 (Oxford, Bodleian Library).
- MS 92 (Cambridge, Corpus Christi College).
Ademais, existe a Chronicula, unha obra resumida do Chronicon ex chronicis: MS 503 (Dublín, Trinity College), escrito por Xoán de Worcester en 1123.
Chronicon ex chronicis: edicións e traducións
[editar | editar a fonte]- Darlington, Reginald R. e P. McGurk (eds.), P. McGurk e Jennifer Bray (trs.). The Chronicle of John of Worcester: The Annals from 450–1066. Vol 2. Oxford Medieval Texts. Oxford: 1995.
- McGurk, P. (ed. e tr.). The Chronicle of John of Worcester: The Annals from 1067 to 1140 with The Gloucester Interpolations and The Continuation to 1141. Vol 3. OMT. Oxford, 1998.
- Thorpe, Benjamin (ed.). Florentii Wigorniensis monachi chronicon ex chronicis. 2 vols. Londres, 1848-9. Descarga dispoñíbel en Google Books
- Stevenson, J. (tr.). Church Historians of England. 8 vols: vol. 2.1. Londres, 1855. 171–372.
- Forester, Thomas (tr.). The Chronicle of Florence of Worcester. Londres: Henry G. Bohn, 1854. Dispoñíbel en Google Books.
- Weaver, J. R. H., ed. (1908) The Chronicle of John of Worcester, 1118–1140: being the continuation of the 'Chronicon ex chronicis' of Florence of Worcester. Oxford: Clarendon Press
Fontes documentais
[editar | editar a fonte]Con respecto ás seccións sobre a historia de Inglaterra, crese que Xoán fixo uso de numerosas fontes documentais, algunhas aos cales xa non existen:
- Unha versión descoñecida da Crónica anglosaxoa, posibelmente, unha tradución ao latín. Xoán podería usar o mesmo texto que Guillerme de Malmesbury, que na súa Gesta regum anglorum inclúe material similar que non se atopa noutros textos.
- Beda, a Historia Ecclesiastica (ata o ano 731)
- Asser, Vita Ælfredi
- Haxiografías dos santos dos séculos X e XI,
- Vida de san Dunstan escrito polo autor B, a Vida de Adelardo de Gant e a Vida de Osbern de Canterbury.
- Byrhtferth, a Vida de san Oswald de Worcester.
- Osbern de Canterbury, a Vida de san Alphege
- Eadmer de Canterbury, Historia novorum (1066-1122).
- As historias dos seus contemporáneos e o saber popular.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Keynes 2001, p. 188.
- ↑ Gransden 1992, p. 117.
- ↑ Hodgkin 1906, p. 502.
- ↑ Gransden 1974, p. 144.
- ↑ Orderic Vitalis, Historia Ecclesiastica, llibre III
- ↑ John de Worcester 1128, p. 380, MS 157.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brett, Martin. "John of Worcester and his contemporaries." In The Writing of History in the Middle Ages: Essays Presented to R.W. Southern, ed. por R.H.C. Davis e J.M. Wallace Hadrill. Oxford: Oxford University Press, 1981. 101-26.
- Brett, Martin, "John, monk of Worcester." In The Blackwell Encyclopedia of Anglo-Saxon England, ed. Michael Lapidge, et al. Oxford: Blackwell, 1999. ISBN 0-631-22492-0
- Gransden, Antonia. Historical writing in England c. 550 to 1307. Vol 1. Londres, 1974. 143–8.
- Orderic Vitalis, Historia Ecclesiastica, ed. e tr. Marjorie Chibnall, The Ecclesiastical History of Orderic Vitalis. 6 volumes. Oxford Medieval Texts. Oxford, 1968–1980. ISBN 0-19-820220-2.