Xogos da Lusofonía
Xogos da Lusofonía | |
---|---|
Estados Participantes | 12 CONs |
Slogan | Unido pelo Desporto |
Organización | ACOLOP |
Sede | Lisboa, Portugal |
Presidente | Alex Vong |
Primeira edición | 2006 |
Sitio oficial | ACOLOP.ORG Arquivado 27 de outubro de 2016 en Wayback Machine. |
Os Xogos da Lusofonía son un evento multideportivo entre países de lingua portuguesa, constituíndo unha especie de Xogos Olímpicos disputados entre os diversos países lusófonos.
Competición
[editar | editar a fonte]"Unidos pelo desporto", este é o lema da Associação dos Comités Olímpicos de Língua Oficial Portuguesa (ACOLOP), que foi fundada o 8 de xuño de 2004, co obxectivo de integrar o mundo lusófono polo deporte e xa oficialmente recoñecida polo Comité Olímpico Internacional.
O portugués é o idioma oficial de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Macau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe, Timor-Leste e, dende 2007, Guinea Ecuatorial. Na actualidade, é a cuarta lingua materna máis falada do mundo, con cerca de 260 millóns de falantes nativos, estando case 5 millóns deles espallados por outros países do mundo (principalmente EUA, Canadá, Francia e o Reino Unido entre outros).
Os membros asociados da ACOLOP, Guinea Ecuatorial, India e Sri Lanka, países onde o portugués non é lingua oficial, foron convidados a participar nos Xogos da Lusofonía. A influencia do Imperio Portugués sobre os continentes africano, asiático e oceánico, durante a Era dos Descubrimentos, explica a perpetuación de variacións da lingua portuguesa nalgunhas rexións desas tres nacións.
A Galiza, terra onde se orixinou a lingua portuguesa e onde moitos filólogos afirman que o galego e o portugués e a mesma lingua, foi convidada varias veces a participar nos Xogos, ficando fora dos mesmos por causa do desinterese mostrado polo goberno autonómico.[1]
Edicións
[editar | editar a fonte]Ano | Xogos | Sede | País | Data | Maior medallista | Desempeño do anfitrión |
---|---|---|---|---|---|---|
2006 | I | Macau | Macau (R.A.E. da R.P. da China) | 7 de outubro - 15 de outubro | Brasil (29-19-9) | Macau: 6º (0-3-11) |
2009 | II | Lisboa | Portugal | 11 de xullo - 19 de xullo | Brasil (33-23-20) | Portugal: 2º (25-34-15) |
2014 | III | Goa | India | 18 de xaneiro - 29 de xaneiro | India: (37-27-28) | India: 1º (37-27-28) |
2017 | IV | Maputo | Mozambique | (a ser coñecido) | (a ser coñecido) | Mozambique: (a ser coñecido) |
2021 | V | Luanda | Angola | (a ser coñecido) | (a ser coñecido) | Angola: (a ser coñecido) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Galiza perde mais umha oportunidade de se reafirmar como naçom lusófona" (en galego reintegracionista). Consultado o 25 de abril de 2015.