Xoguetes para un tempo prohibido
Xoguetes para un tempo prohibido | |
---|---|
Schieles Wohnzimmer in Neulengbach.[1] | |
Título orixinal | Xoguetes pra un tempo prohibido |
Autor/a | Carlos Casares |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1975 |
Formato | Rústica con lapelas, cosido a fío |
Páxinas | 129 |
ISBN | 978-84-8288-857-6 |
Seguido por | Os escuros soños de Clío |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xoguetes para un tempo prohibido (orixinalmente Xoguetes pra un tempo prohibido) é unha novela de Carlos Casares publicada en 1975, gañadora do Premio Galaxia de novela que a editorial convocara para celebrar o seu 25 aniversario.
“ | Para Kristina e Håkan | ” |
— Dedicatoria |
Trama
[editar | editar a fonte]Elías Paz é un rapaz do rural da provincia de Ourense que pasa a súa primeira adolescencia nun centro escolar cristián. Alí sofre a represión da moral católica, e decide marchar a Ourense a facer o Bacharelato. Na cidade recupera vellas amizades, bota moza e descobre a sexualidade.
Despois marcha a Santiago de Compostela para iniciar os estudos na Universidade. Ao tempo que segue os estudos e traduce obras literarias doutras linguas, coñece o marxismo, ten relacións amorosas e vive a troula compostelá coas súas amizades.
Narración
[editar | editar a fonte]A novela é un texto rupturista que supuxo unha renovación na narrativa galega, produto dunha nova sensibilidade social e literaria, afastado do costumismo e nun galego sinxelo. Tamén se considera unha novela xeracional de estrutura lineal sobre a represión da posguerra, en que a mocidade culta e activa, ilusionada pola utopía revolucionaria, acaba embarrancada no escepticismo e a amargura.
A obra ten certos trazos autobiográficos, e inclúe numerosas referencias literarias, musicais e cinematográficas.
Recepción
[editar | editar a fonte]Foi un éxito de público e viu catro edicións no seu primeiro ano. En 1976 recibiu o Premio da Crítica española. En decembro de 2005 publicouse a décima edición, a primeira na Biblioteca Carlos Casares da Editorial Galaxia.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Calvo, T. (2003). Carlos Casares. O conto da vida. La Voz de Galicia. ISBN 84-9757-100-2. Con limiares de Rey e Rubido.[1]
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na páxina web da editorial.
- Narradores nas súas voces