Saltar ao contido

Xosé Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Andrés Vázquez Hermida»)
Modelo:BiografíaXosé Hermida
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Boiro, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEl País (1989–)
Radio Galega
El Correo Gallego Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAna Viqueira Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1079306 BUSC: hermida-xose-1963

Xosé Andrés Vázquez Hermida, nado en Boiro en 1963, é un xornalista galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou traballando na súa cidade natal para El Correo Gallego e máis tarde nos informativos da Radio Galega. Chegou ao diario El País en Galicia en 1989, e permaneceu como correspondente en terras galegas para este xornal durante 26 anos, ata 2006. Logo foi subdelegado da edición galega do diario (2006-2009) e delegado (2009-2015), até o peche da edición en Galicia.

A continuación foi trasladado á redacción central en Madrid, para seguidamente ser delegado no Brasil da corresponsalía con sede en São Paulo.[2] En xullo de 2018, a nova directora do País, Soledad Gallego-Díaz, nomeou a Xosé Hermida e Claudi Pérez xefes para noticias de nacional.[3]

En 2017 o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol concedéronlle o XIII Premio José Couso á Liberdade de Expresión.[4] No manifesto lido durante a entrega do premio sinalouse o recoñecemento a Xosé Hermida como «xornalista que prestixia a profesión e do que os que o coñecen só saben falar ben, como profesional e como xefe». Hermida dedicou o premio á súa esposa falecida o ano anterior, a xornalista da Axencia EFE, Ana Viqueira.[5]

  1. Vizoso, Sonia (8 de abril de 2017). "Xosé Hermida, periodista de El PAÍS, Premio José Couso a la Libertad de Prensa". El País (en castelán). Consultado o 5 de abril de 2021. 
  2. couso.xornalistas.gal (ed.). "Xosé Hermida". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2018. Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  3. "Rubalcaba se queda fuera del Consejo Editorial de ‘El País’" (en castelán). 18 de xullo de 2018. Consultado o 5 de abril de 2021. 
  4. Vizoso, Sonia (5 de maio de 2017). "“Este premio es para los periodistas sin gloria que no reciben palmaditas”". El País (en castelán). Consultado o 5 de abril de 2021. 
  5. "Fallece la periodista coruñesa Ana Viqueira a los 59 años". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de agosto de 2016. Consultado o 5 de abril de 2021.