Xosé Antón Fraga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1950 (74 anos) A Coruña, España |
Formación profesional | Ciencias |
Actividade | |
Ocupación | ensaísta |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio |
Xosé Antón Fraga Vázquez, nado na Coruña o 18 de setembro de 1950, é un experto en cultura científica (ensino, historia e divulgación da ciencia). Tamén é coñecido como Tino Fraga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación académica
[editar | editar a fonte]Acadou en 1973, na Universidade de Santiago de Compostela, a Licenciatura en Ciencias, sección Biolóxicas, e no ano 1992 o doutoramento en Bioloxía[1]. Posteriormente realizou o Posgrao en Historia das Ciencias e das Técnicas no curso 1997-1998, na Universidade de Zaragoza.
Activismo
[editar | editar a fonte]Nos anos setenta do século XX participou activamente nas loitas do profesorado non numerario (PNNs) pola estabilidade no emprego e democratización do ensino. Foi fundador, e vicepresidente inicial, do Ateneo Ferrolán (1976), así como fundador do Sindicato Galego de Traballadores do Ensino en 1977. Vicepresidente de ADEGA[2].
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Exerceu a docencia como catedrático de Bioloxía e Xeoloxía no IES Monelos da Coruña onde tamén foi director[3]. Durante o trienio 2008-2011, levou a dirección dos Museos Científicos Coruñeses. Desde 2013 é académico correspondente da Real Academia Galega[4]. No período 2016-2020, dirixiu o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses[5].
Actividade no eido da Historia das Ciencias
[editar | editar a fonte]Ata o ano 2020, formou parte do Consello de Dirección de Llull, revista de Historia das Ciencias da Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas[6]. Na Área do Seminario de Estudos Galegos, exerceu como Coordinador do Grupo de Traballo Interdisciplinar Ramón María Aller de Historia das Ciencias e das Técnicas. No Consello da Cultura Galega, entre os anos 2008 e 2020, formou parte da Sección de Ciencia, promovendo e dirixindo o Álbum da Ciencia desde a súa creación en 2011[7].
Autor de máis de cen publicacións en revistas especializadas sobre diversos aspectos da cultura científica, ensino, historia e divulgación da ciencia. Desde 2014 ven publicando no xornal La Opinión A Coruña os “episodios da cultura científica”.
É promotor do Foro Humboldt Coruña[8], creado en 2017, e no que participan o Concello da Coruña, o Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), a Universidade da Coruña, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses e a Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo[9]. En 2020 actuou de moderador nas II Xornadas Mulleres relevantes da Reserva da Biosfera MCeTM, dedicadas a María Wonenburger, matemática galega con dimensión internacional[10].
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Bioloxía na Galiza na segunda metade do século XIX (1868-1903): ensino, divulgación, debates, produción, institucionalización e recepción de novidades, 1992, USC[1].
- Creación e orixinalidade na obra do naturalista Seoane, 2007..
- Ciencia próxima. Episodios sobre a cultura científica na área coruñesa, 2019, Espacio Cultura.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- As investigacións micrográficas de Ernesto Caballero (1858-1935), 1989, Ediciós do Castro.
- Diccionario histórico das Ciéncias e das Técnicas da Galiza (I e II), 1993 e 2005, Ediciós do Castro.
- O Patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela, 1996.
- Ciencias, educación e historia, 1997, editor.
- 25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza, 2001, ADEGA.
- Galicia. Natureza. Xeoloxía, 2003.
- Humboldt y la ciencia española, 2005, coeditor.
- O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións.
- Ciencia e historia. Ramón de la Sagra, 2007, AIRS (Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra).
- O Instituto da Guarda da Coruña. 125 anos de historia, 2016, Deputación da Coruña[11].
Biografías
[editar | editar a fonte]- Xenio indomable. Roberto Nóvoa Santos, 2018, Espacio Cultura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Bioloxía na Galiza na segunda metade do século XIX (1868-1903)".
- ↑ "Organización. Adega, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza".
- ↑ "50 años de historia del Instituto Monelos".
- ↑ "Académicos correspondentes da RAG".
- ↑ "Xosé A. Fraga Vázquez Director del Instituto José Cornide".
- ↑ "Llull. Revista de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas".
- ↑ "La ciencia también es cultura. El Álbum da Ciencia, pionero en España, revindica el trabajo de los científicos gallegos más relevantes como parte de la cultura de Galicia".
- ↑ "Foro Humboldt".
- ↑ "III Encontro Internacional Foro Humboldt Coruña -Humboldt e os retos actuais de conservación".
- ↑ ceida (2020-07-01). "María Wonenburger, matemática gallega con dimensión internacional: II Jornada Mujeres Relevantes en la Reserva de Biosfera MCeTM". www.ceida.org (en castelán). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ "O Instituto Da Guarda da Coruña. 125 anos de historia." (PDF).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Antón Fraga |